CCOO reclama formación para o persoal dependente da Dirección Xeral de Montes

Na derradeira convocatoria de cursos da Egap non se inclúe ningún curso específico para o persoal desta Dirección Xeral

Formación

CCOO protesta enerxicamente pola desidia dos responsables da Dirección Xeral de Montes, ós que lles debe parecer normal que máis de 2.000 traballadores entre técnicos, axentes, persoal laboral e persoal da administración xeral adscrito a esta Dirección Xeral, queden un ano máis sen a necesaria formación para o desenvolvemento do seu traballo.

Para os “responsables” da Dirección Xeral de Montes, o persoal ao seu cargo ou debe saber todo e non precisa nin aprender cousas novas nin actualizar os seus coñecementos, xa que non se dan en Galicia, por exemplo, novas e importantes pragas forestais, o sector forestal é inmutable, os vehículos son os mesmos, etc., polo que como xa todos sabemos todo o que temos que saber sobre o noso traballo, a conclusión é que non precisamos aprender nada máis.

E non só iso, todos estamos a ser testemuñas dos pobres intentos de torpedear certos cursos impartidos pola Academia Galega de Seguridade Pública, os únicos que para este persoal se realizaron ultimamente.

Se a maiores engadimos as poucas facilidades dadas dende algunha xefatura provincial para poder acudir ós cursos formativos impartidos por CCOO dentro do Plan de Formación Contínua para as Administracións Públicas (AFCAP) as conclusións non poden ser outras que a mala fé destas “personaxes”, xa que nin intentando encargarnos os sindicatos de cubrir a apatía formativa da Administración nos resulta fácil chegar ós traballadores e ás súas necesidades. É como si non fose que se esquecesen de formar, senón que o quixeran impedir.

CCOO lémbralles aos I-responsables desta consellería que teñen a obriga de impulsar a formación de tódolos traballadores/as, e non só a de catro privilexiados aos que se lles pagan cursos exclusivos no estranxeiro.

Por último, recordamos que no ano 2010 morreron dous traballadores da loita contra os incendios forestais, aos que tampouco se lles deu formación. Esta mesma falta de formación é á que parecen querer abocar a máis de 2.000 traballadores con moitas necesidades específicas de formación polo traballo perigoso e polo amplo abano de competencias que desenvolven e que merecen máis interese por parte de quen sigue desinteresándose pola súa formación e seguridade no traballo.

 

{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies