CCOO SOLICITA A SUPRESIÓN DO PLUS DE ALTOS CARGOS
DEMÁNDALLE A NUÑEZ FEIJÓO QUE, COMO PRIMEIRO XESTO NO GOBERNO, DERROGUE A NORMATIVA QUE REGULA ESTE POLÉMICO E INSOLIDARIO PLUS
CCOO CELEBRA A RECTIFICACIÓN DA DIRECCIÓN DO BNG E DEMÁNDALLE AO PSdG QUE ADOPTE A MESMA POSICIÓN
CCOO, no ano 2005, xa se posicionara manifestamente en contra da implantación dese concepto retributivo cando, o derradeiro goberno fraga, fixera un primeiro intento de aprobalo, sendo naquela ocasión, retirado finalmente pola presión sindical exercida.
CCOO, logo, nesta pasada lexislatura, tamén xa volvera manifestar pública e formalmente o seu rexeitamento á decisión parlamentaria pola que finalmente se aprobou ao segundo intento. Nese momento, CCOO acusara ao goberno bipartito de “colaboracionista do PP” e “valedor dunha decisión intersada, inxusta e discriminatoria” por impulsar unha medida política que, a organización sindical cualificou de “estrambótica” ao tempo que advertía da “alarma, estupor e desprezo sociais” que producía tal decisión na cidadanía en xeral e na inmensa maioría do persoal funcionario en particular.
CCOO criticaba tanto a forma coma o fondo e opinaba que causaba verdadeiro estupor o feito de que as tres forzas políticas parlamentarias se puxeran, unanimemente e sen fisuras, dacordo nun sorpresivo consenso político, por outra parte, tan poucas veces visto na cámara autonómica.
CCOO recorda que, como é ben sabido por toda a opinión pública, este segundo intento do PP sí prosperou e o plus dos altos cargos recibiu luz verde parlamentaria co apoio do goberno biparito do BLOQUE e do PSdG participando nunha votación unánime pola que se aprobou unha norma pensada para beneficiar a uns poucos privilexiados e sendo parte directamente interesada a inmensa maioría de tódalas súas señorías xa que a enmenda popular posibilitaba, en definitiva, otorgarlle, vitaliciamente, o dereito á percepción do plus dos altos cargos a aqueles funcionarios que voltasen aos seus postos na administración unha vez cesada a súa actividade política.
CCOO, denunciaba tamén, entón, que á Xunta bipartita estaba facendo “un plan de pensións de luxo e á medida” para uns cantos funcionarios privilexiados simplemente pólo feito de ser nomeados discrecionalmente para ocupar postos políticos de altos cargos no Goberno de turno. Nese momento o sindicato arremeteu especialmente contra o PSdG e o BLOQUE por apoiar unha medida inxusta proposta pólo grupo parlamentario popular e que, a xuízo do sindicato, fora introducida “pola porta de atrás” ao ser aprobada de tapadillo e de rondón entre outros temas secundarios nunha sesión parlamentaria aparentemente de trámite e inmediatamente previa ao período estival cando se interrompe o período de sesións parlamentario por “vacacións das súas señorías”.
CCOO, en todo caso, celebra que a executiva da organización nacionalista, anque seguramente en balde, rectificase xestualmente o despropósito político coa recentísima decisión de requirílle formalmente aos seus excargos no bipartito que non exerzan o dereito individual a percibir o plus de altos cargos. No mesmo senso, CCOO fai un chamamento á dirección do Partido Socialista de Galicia para que exerciten a mesma rectificación e insten aos excargos socialistas a que tampouco fagan uso dese dereito.
CCOO espera que a decisión da dirección do bloque e, de selo caso, a do PSdG, non se queden soio en meros xestos mediáticos, agora que xa non teñen responsabilidades de goberno, e instaos a que busquen o consenso parlamentario co PPdG para que, coa mesma unanimidade parlamentaria que, ámbolos tres grupos parlamentarios, acadaron para aprobalo, presenten agora, unha proposición conxunta e unánime para a súa derrogación. Os traballadores e especialmente os que os están a pasar francamente mal por quedarse sen emprego ou, o que é peor, sen prestacións por desemprego, precisan deste xesto político de honestidade da cámara autonómica. Do contrario, todo o que se diga e non se faga, serán meras escusas ou xestos de cara a galería, dos tantos e tantos cós que as súas señorías aburren á cidadanía facendo pouco crible, en ocasións, certas decisións parlamentarias.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2009