Cheira a queimado: alguén debeu prender…

Alguien ha matado a alguien!. ¡Aquí alguien es un asesino!. E, claro, o asesino non pode soportar semellante tortura psicolóxica, entrégase á policía e confesa os seus crimes: era o metodo do entrañable humorista Gila para atrapar delincuentes. Tal cual.

Incendios forestais en Vilariño, Couto Berredo, Rabo de Galo, Madrosende, A Derrasa, Cudeiro, Sobral, Gustei, Nogueira, Casanova, Bóveda, , Vilar de Astrés, Sartédigos, Castro de Beiro, Sabadelle? E reúnese o Comité de Coordinación Policial Contra Incendios Forestais, promovido pola Consellería de Medio Rural.

As conclusións son moi serias: detectan unha alta actividade incendiaria no contorno de Ourense capital, xa teñen datos de vehículos, van intensificar a vixiancia e esperas nas tres zonas conflictivas detectadas?Só faltou que entregaran os planos localizando onde están apostados os investigadores e os mapas-rutómetros por onde andan os policías para deter aos delincuentes medioambientais. Un principio básico de calquera investigación policial debe ser a discreción, pero no caso da actividade incendiaria que soporta Ourense recorren ao método Gila. Ao mellor, pensarán, con tanta presión mediático-psicolóxica, vai ser que os incendiarios, arrepentidos e apenados, acaban entregándose voluntariamente e confesan os seus pecados atentatorios contra o patrimonio natural. Que alegría, se así fora.

A maneira como unha sociedade trata ao seu medio ambiente é un dos indicadores máis fiables do desenvolvemento dun país. Diante de grandes problemas hai que atopar canles de participación social e consensuar as liñas políticas. Ourense ocupa os últimos lugares do mundo occidental no coidado do seu patrimonio e os seus políticos e líderes sociais miran para outro lado. Ou, como no caso da investigación policial da actividade incendiaria, sofren de incontinencia verbal para agochar a súa incompetencia.

 

Xosé Santos

 

{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies