Comisión de persoal (18-06-09)
As catro centrais sindicais manifestamos a favor, e felicitase aos representantes do Instituto que levaron a cabo a negociación de modificación hoxe aprobada.
A Dirección Xeral da Función Pública reiterase na proposta de incremento presentada á Mesa Xeral, sobre o incremento retributivo de 210€/mes no complemento específico dos xefes de departamento territorial, e agora ben o bo: “atendendo a especial dificultade técnica, dedicación e responsabilidade que o desenvolvemento destes postos leva consigo”.
Á nosa organización parécenos unha burla e un desprezo mais ao conxunto dos traballadores e traballadoras da administración galega. Pedimos, en primeiro lugar un acordo de maior amplitude que contemple o conxunto do persoal da administración. En segundo lugar, reclamamos que, en todo caso, é obriga da Administración convocar ás organizacións sindicais previamente para ser escoitadas, antes de presentar calquera incremento retributivo, sexa este na praza ou posto que sexa.
As demais organizacións votan en contra igual que nós.
A Subdirectora Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal expón as modificacións que quedaron pendentes na xuntanza da mesa do día de onte, isto é, a adaptación da orde á Lei Galega de Igualdade, e algunha rectificación de redacción no temario.
Na xuntanza do día de onte déusenos noticia, por parte da Subdirectora, do contido do informe dos servizos xurídicos da Xunta de Galicia, do que estabamos pendentes para confirmar ou non a posibilidade de que os compañeiros que estando en posesión do título de bacharel, sen outra titulación, puidesen participar no proceso de integración.
UGT tiña manifestado na mesa de negociación que en aras a dar solución á problemática xurdida, e derivada do conglomerado de situacións dispares nas que están en os compañeiros deste colectivo, a nosa intención era abranguer a maior parte de compañeiros posible na convocatoria presente, sempre e cando a legalidade o permitise, estabamos a priori por solucionar a problemática, sempre e en todo caso que se nos confirmase por parte dos Servizos Xurídicos da Xunta de Galicia, o cumprimento da legalidade vixente.
O anterior non foi legalmente posible, ao parecer, pero si o foi o feito de que a Dirección Xeral da Función Pública, por verbas da Subdirectora citada, confirme na Comisión do día de hoxe que a partires da segunda quincena do mes de setembro, convocará ás centrais sindicais a traballar, para continuar o proceso de integración con aqueles compañeiros que como consecuencia de non estar en posesión da titulación esixida na Lei de creación da escala, ou ben por non estar en condicións de acreditar os requisitos da Disposición Adicional 22ª da Lei 30/1984, non poidan participar desta convocatoria, hoxe aprobada.
UGT vota a favor da proposta, por un lado e en atención a que se tiveron en consideración a maior parte das alegacións presentadas por esta organización, e en segundo lugar, polo compromiso asumido pola Función Pública de continuar a partir de setembro coa negociación dun novo proceso, que poña fin ao proceso de integración.
As demais organizacións sindicais tamén votan a favor da proposta da Orde.{/xtypo_rounded2}
UGT vota en contra, entendemos que o acordo non cubre as espectativas dos traballadores, este acordo xa nos negamos a firmalo co anterior goberno.
5º.- PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA.
UGT manifestase, co seu voto, en contra das modificacións propostas por non ser as prazas de concurso e estar abertas a outras administracións.
CIG e CCOO votan tamén en contra
CSIF vota a favor.
6º.- PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÒN UNIVERSITARIA.
UGT vota en contra por entender que abrir os postos a docentes é un desprezo aos corpos xerais da Xunta de Galicia, asi mesmo por non ser de concurso e estar abertas a outras admionistracións.
No mesmo sentido manifestanse as demais organizacións sindicais.
Sº Nacional Sector Autonomica FSP-UGT Galicia