Comisión de Persoal: Axentes Grupo C

 

O punto 3º da comisión de persoal de onte día 18 de xuño, era APROBACIÓN DA PROPOSTA DE ORDE POLA QUE SE CONVOCA PROCESO SELECTIVO PARA Á PROMOCIÓN Á ESCALA DE AXENTES FACULTATIVOS MEDIOAMBIENTAIS DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA DOS FUNCIONARIOS/AS DO CORPO DE AUXILIARES TÉCNICOS DA XUNTA DE GALICIA, ESCALA DE AXENTES FORESTAIS:
 
A Subdirectora Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal expón as modificacións, propostas por UGT,  que quedaron pendentes na xuntanza da mesa do día de onte, isto é: a adaptación da Orde á Lei Galega de Igualdade, e algunha rectificación de redacción do temario.
 
{xtypo_rounded2}Na xuntanza do día de onte déusenos noticia, por parte da Subdirectora do contido do informe dos servizos xurídicos da Xunta de Galicia, do que estabamos pendentes para confirmar ou non a posibilidade de que os compañeiros que estando en posesión do título de bacharel, sen outra titulación, puidesen participar no proceso de integración.{/xtypo_rounded2}
 
UGT tiña manifestado na mesa de negociación, que en aras a dar solución á problemática apoiaría esta proposta, sempre e en todo caso que se nos confirmase por parte dos Servizos Xurídicos da Xunta de Galicia o cumprimento da legalidade vixente.
 
{xtypo_rounded2}Nembargantes este informe non foi favorable, pero sí o foi o feito de que a Dirección Xeral da Función Pública, por verbas da Subdirectora citada, confirmou na Comisión do día de onte que a partires da segunda quincena do mes de setembro, convocará ás centrais sindicais a traballar para a modificación da Lei de creación da escala, e dar continuidade no tempo ó proceso de integración, para que o total do colectivo poida participar no futuro, nos seguintes convocatorias, e TODOS POIDAMOS ACCEDER O GRUPO C. Este compromiso asúmese e constará por escrito na acta da Comisión de Persoal do día de onte.{/xtypo_rounded2}
 
UGT vota a favor da proposta, por un lado e en atención a que se tiveron en consideración a maior parte das alegacións presentadas pola nosa organización, e en segundo lugar polo compromiso asumido pola Función Pública de continuar a partir de setembro coa negociación dun novo proceso que poña fin á integración.

O resto das centrais sindicais tamén votaron a favor.

 
 
 
José Francisco Núñez Rodríguez
Sº Nacional do Sector de Autonómica da FSP-UGT
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies