XUNTANZA – COMISION SEGUIMENTO – ACORDO PERSOAL LABORAL CMADS (25-11-2008)

 

RECLASIFICACION VIXIANTES DE RECURSOS NATURAIS
 
Nesta xuntanza analizouse a proposta da consellería relativa á reclasificación dos Vixiantes de Recursos Naturais. CCOO estivo representada por dous delegados sindicais que ostentan a categoría de Vixiantes de Recursos Naturais. De xeito resumido, especificamos a continuación as principais alegacións de CCOO que se corresponden coas achegas e indicacións que nos aportaron os propios traballadores do colectivo.
 
CATEGORIA, FUNCIONS, COMPETENCIAS, AMBITO TERRITORIAL E DEPENDENCIA XERÁRQUICA
Na DENOMINCACIÓN DE CATEGORÍA: CAMBIAR por “GARDA de RECURSOS NATURAIS”
No ENCADRAMENTO DA NOVA CATEGORÍA: INTEGRAR na “Categoría 7” do “Grupo IV”
Na DEFINICIÓN DE FUNCIÓNS: ENGADIR os seguintes “cometidos profesionais específicos”:

 
  • Funcións de “policía” coa “consideración de axentes da autoridade nos termos recollidos nas leis, facilitando a documentación acreditativa oportuna”
  • Realización de “enquisas de esforzo piscícola e cinexético”.
  • Formulación de “denuncias” no seu ámbito de actuación.
  • Aquelas outras que, por razóns “da súa competencia”, se lle encomenden.
Na DEFINICIÓN de FUNCIÓNS: SUPRIMIR referencias a “mantemento” por non ser acorde coa categoría profesional
No ÁMBITO de ACTUACIÓN: ademais do distrito engadir “/COMARCA”, establecendo de forma clara e rigorosa os límites territoriais xeográficos de actuación que correspondan en cada caso.
Na DEPENDENCIA XERÁRQUICA: limitala, ós “técnicos”, “axentes territoriais” ou “zonais”, segundo corresponda en cada caso.
 
REORGANIZACION POSTOS DOS CENTROS FIXOS de Sta CRUZ e COTORREDONDO
CCOO, como primeiro análise respecto deste punto, manifestou que, segundo a opinión do persoal afectado, especialmente os traballadores do Centro de Santa Cruz, prefiren en principio continuar dependendo do centro actual. En todo caso, entendemos que para poder manifestarmos unha posición axeitada, sería desexable que a consellería presentase, previamente, as posibles alternativas ó respecto.
 
PROCEDEMENTO LABORAL-ADMINISTRATIVO e TEMPORALIZACIÓN DA RECLASIFICACIÓN

  • CCOO indicou que é imprescindible establecer, no propio texto do Acordo, o procedemento Laboral e Administrativo para o desenrolo da aplicación efectiva da reclasificación, garantindo, en todo caso, que os seus efectos económicos e profesionais sexan a tódolos efectos aplicados dende o 1-01-2009.
  • CCOO propuxo que a temporalización máxima, para a execución efectiva do procedemento de aplicación, debe levarse a cabo, como máximo, no primeiro trimestre do 2009.
VALORACIÓN de CCOO

  • Valoramos positivamente a xuntanza e instamos a que a consellería sexa receptiva ás aportacións e alegacións expostas polos representantes de CCOO co fin de que poidamos pechar o acordo de reclasificación dos Vixiantes de RRNN na próxima xuntanza que quedou fixada para o día 12 de decembro.
  • Lamentamos e quedamos perplexos ante a POSICIÓN INAUDITA E INCOHERENTE que mantivo a CIG nesta xuntanza xa que, na práctica, manifestáronse contrarios á reclasificación do colectivo.
  • Lamentamos tamén a actitude despectiva daqueles outros que, para xustificar a súa propia existencia, incluso se atreven a intentar desprestixiar ós que formamos parte da mesa de negociación esquecendo que nós tamén somos traballadores da consellería coma eles. Para que non sigan intentando enganar ós traballadores con demagoxias inútiles, recordámoslle que defendemos e seguiremos defendendo con integridade e firmeza os dereitos e reivindicacións dos traballadores sen necesidade de mesías que nos guíen. Evidentemente os logros acadados na mesa de negociación están poñendo a cadaquén no sitio exacto que libremente escolleu ou que realmente lle corresponde.
 
 
 
Santiago, 25 de novembro de 2008
ACCIÓN SINDICAL – SECTOR DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA DE CCOO DE GALICIA{jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies