Escrito sobre comisión de servizo
Estimada Sra. Directora Xeral da Función Pública
Esta Asociación Profesional de Axentes F. e M. de Galicia APRAFOGA, ten a necesidade e a obriga de transmitírlle-los movementos que están a acontecer na Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, en referencia á cobertura temporal de postos de traballo mediante Comisión de Servizos.
O pasado 5 de febreiro deste ano 2008, a Delegación Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra abriu de xeito formal e por escrito a convocatoria para prover polo sistema de Comisión de Servizo dous postos de traballo de Axente, do Distrito XIX Caldas-Salnés, na Comarca Pontevedra-Morrazo, dando información do feito á Escala de Axentes Forestais e Medioambientais a través da súa xerarquía, cos seguintes Códigos:
- MAC993019236001003
- MAC993019236001006
Rematada a data de presentación das solicitudes e pasadas unhas semanas, os interesados preguntaron na oficina de persoal pola resolución da convocatoria. A contestación recibida foi que estaban concedidas a dous dos candidatos que reunían as condicións:
- Mesma Provincia
- Mesmo Servizo
Desta situación expresada por Persoal, quedaron á espera os candidatos elixidos. Estes transmitiron ós seus superiores xerárquicos a resolución desta convocatoria; así como, que nunhas semanas esperan recibir a nova toma de posesión.
Manifestacións dos superiores xerárquicos da nosa Escala, din que a Xefatura Provincial do Servizo de Conservación da Natureza non estaba ó tanto de dita convocatoria, e que como consecuencia dos candidatos elixidos (dous do mesmo Distrito), quedaba moi descuberto de persoal da Escala de Axentes Facultativos Medioambientais o citado Distrito. Comunicaría o suceso a Santiago para arranxar a citada concesión.
Os candidatos elixidos seguiron á espera da resolución final da Dirección Xeral – Función Pública; e pouco despois, o compañeiro que estaba nunha das prazas da Comisión de Servizo (de xeito provisional), foi requirido para volver a ocupar a súa praza de carácter definitivo, no Distrito XVI Deza-Tabeirós.
A Asociación, estudia a Resolución de 27 de Marzo de 2006 da Dirección Xeral de F. P. e non entende os feitos acontecidos:
- Si non é necesario cubrir estes postos porque se convoca a Comisión de Servizos.
- Si non son necesarios estes postos, porque estaban ocupados en Comisión de Servizos.
- É posible que unha Delegación Provincial convoque unha comisión de Servizos, e non o saiba a Xefatura Provincial do Servizo ata que llo comunican ós Ax. Territoriais.
- É admisible polas condicións da propia Resolución que se poida votar atrás un proceso unha vez que se coñecen os candidatos elixidos.
- Si estes elixidos non son os propios (por deixar un distrito descuberto para cubrir outro), porque non se asinte a viabilidade de elixilos mesturados cos doutros Distritos ou Provincias dos que tamén a solicitaron.
- Porque non lle comunicaron ós interesados e elixidos a resolución final de Función Pública.
Pero de tódolos xeitos este non foi un acontecemento illado. Agora para que as cousas non cheguen á situación anterior faise unha convocatoria secreta e escura, sen publicación a través da xerarquía da nosa Escala en tempo e forma para tódolos supostos candidatos do Servizo Provincial como se fixo na anterior.
Non é xustificativo de publicidade o feito de colgar a convocatoria no taboleiro de anuncios do centro directivo “Provincial”, cando no caso da Escala de Axentes Forestais e Medioambientais o persoal está repartido por Distritos e estes en Comarcas, resultando imposible coñecer en tempo as convocatorias abertas con so 5 días de prazo para a presentación de solicitudes.
Falamos da praza de Axente con Código MAC993019236001005 no Distrito XIX Caldas-Salnés, Comarca de Pontevedra-Morrazo. Para a cal a Delegación Provincial de Pontevedra convocou a Comisión de Servizo con data do 23 de outubro de 2008 tal e como se citou no parágrafo anterior.
Polo exposto e como proceda, esta Asociación SOLICITA:
- Resolver a anterior convocatoria do 5 de febreiro deste 2008.
- Paralización desta convocatoria do 23 de outubro de 2008, da praza MAC993019236001005.
- Nova convocatoria para a praza MAC993019236001005, dando a publicidade merecida para que tódolos interesados poidan presentar a solicitude.
Pontevedra, a 19 de novembro de 2008.
O PRESIDENTE
Miguel García Fernández
Sra. Directora Xeral da Función Pública
Edificios Administrativos – San Caetano, s/n
15704 – Santiago de Compostela{jcomments off}