Comité de seguridade e saúde da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible

 
 
No penúltimo día de outubro constitúese o novo Comité de Seguridade e Saúde da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible celebrándose o 21 de novembro a segunda reunión do novo Comité, segunda do ano, e na que se trataron os seguintes temas:
 
1.    Aprobación da acta constituínte do novo Comité de Seguridade e Saúde da CMADS e Regulamento de funcionamento deste órgano. Nestes puntos CCOO votou a favor da aprobación destes documentos posto que nos parece máis efectivo lograr que funcione o Comité que perdernos no tempo con aspectos que non acaden a mellora da seguridade e da saúde dos traballadores.

 
2.    Informe sobre os centros avaliados ata a data. A representante do Servizo de Prevención expuxo os que xa contaban coa avaliación e os que xa a teñen caducada, polo que lles toca revisión, polo que se lle solicitou un calendario para as avaliacións a realizar para o ano 2009. CCOO pedimos que nos centros que conten con avaliación se fixesen as avaliacións ós traballadores para detectar aqueles casos nos que se teña que ter en conta as características do propio traballador á hora de realizar o seu traballo ou as súas tarefas, como poden ser eivas, minusvalías, enfermidades ou aspectos diversos que interferan, dificulten, ou poñan en risco a súa saúde.
 
3.    Manual de prevención para persoal de conservación da natureza. Presentóusenos o “Manual de Prevención de Riscos Laborais para o persoal que traballa na Conservación da Natureza”, que aínda que elaborado no ano 2007 e non difundido entre os traballadores parece que xa era hora de empezar a traballar sobre del. Afecta so ó persoal de campo da área de conservación da Natureza. Para CCOO é un documento de referencia que non debe substituír á formación dos traballadores en materia de prevención de riscos e para maior practicidade solicitamos protocolos específicos de obrigado cumprimento sobre actividades determinadas que fagan máis áxil a súa aplicación, pois este “Manual” é demasiado extenso como para ser aplicado de xeito sinxelo. Ademais fáltanlle algunhas actividades (conducción de TT, vixilancia, manexo de armamento…). Pola súa banda a CIG rexeitou a totalidade do mesmo e pediron a súa retirada –coma sempre en vez de cara adiante cara atrás, salvo en Medo Rural-.
 
4.    Rogos e preguntas. CCOO solicitamos a designación de responsables de prevención en cada centro de traballo, a subministración de EPIs e a formación dos traballadores en materias de prevención de riscos laborais. Preguntamos de novo polo caso dos EPIs do persoal funcionario do Laboratorio de Medio Ambiente na Coruña e da necesidade de dotar dun sistema de limpeza da roupa de traballo no propio centro ou mediante unha empresa. O Servizo de Prevención informou verbalmente dos accidentes ocorridos no ano 2008, comprometéndose a facérnolo chegar en breve.
 
Os delegados de prevención de CCOO ós cales podedes acudir para o que necesitedes son: Francisco Javier González Bailez (6) e Alejandro Rodríguez Pazos (608.137.950).
 
Esperamos que este Comité comece a funcionar de xeito definitivo de cara á mellora da saúde e a seguridade dos traballadores de Medio Ambiente e D.S.
 
 
 
21 de novembro de 2008 {jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies