COMUNICADO APRAFOGA PÁXINA WEB
Boas a tod@s, como ben sabedes, dende APRAFOGA, estamos dándolle unha volta en actualizacións e melloras á nosa páxina web Aprafoga.org .O noso obxectivo é crear un espazo de debate e información con diferentes foros e ó mesmo tempo un punto de cohesión para o noso colectivo; pero compre respectar algunhas normas.
Sabedes que @s socios dispoñemos dun ACCESO RENTRINXIDO que para acceder require REXISTARSE debidamente e dende a Directiva autorizalo.
COMO REXISTRARSE CORRECTAMENTE:
A todos os q non poñan correctamente os datos de Nome e Apelidos váiselle denegar o acceso (motivos)
1.- Non podemos comprobar se son soci@s.
2.- De non exercer un control sobre isto, a nosa área restrinxida xa non sería tal, e o noso espazo veríase “contaminado” por persoas alleas ao colectivo.
Agardamos que o entendades e animámosvos a participar neses foros de debate a través da web.
Un saúdo.