Comunicado da CIG
Recibida a invitación de CC.OO e UXT para que nos xuntemos aos “actos, mobilizacions e asambleas seguintes co gallo de sumar forzas”. Dende a CIG consideramos que nos están convidando a participar neses actos porque precisan disimular o esgotamento das mobilizacións.
Recalcamos que esta é a primeira invitación que nos fan e que chega tarde e despois de que a CSIF se descolgara da Plataforma.
Destacamos a falta de coherencia xa que días antes desta invitación de UXT e CCOO fomos convidadas todalas organizacións sindicais por APRAFOGA para traballar xuntas sobre unha proposta e estratexia común. A asociación profesional de axentes forestais de Galiza (APRAFOGA) convocou o xoves 2 de outubro a unha asamblea conxunta para aunar esforzos e aclarar posturas. Invitación á que acudimos dende a CIG e da que tódolos outros sindicatos “deron largas” ou se manifestaron en contra.
Reiteramos a nosa intención de traballar en prol dunhas mellores condicións de traballo para os axentes forestais e facultativos medioambientais da Galiza.
Rexeitamos a manipulación e o oportunismo político polo que declinamos a invitación de UXT e CCOO de participar nos SEUS actos.
Chamamos unha vez máis á unidade e o esforzo común para traballar por un servizo público de calidade con solvencia, capacidade e responsabilidade. Porque xuntos e xuntas podemos!
Venres, 3 de outubro do 2008
CIG.Admón-autonómica{jcomments off}