Comunicado de Aprafoga sobre a adscripción a incendios
Esta Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia, leva presentando alegacións ó asunto da “ilegal” adscrición do persoal de Conservación da Natureza nos dispositivos de loita contra incendios en época de máximo perigo, dende o primeiro día. Igualmente o levan feito moitos dos axentes requiridos nesas notificacións de adscrición temporal. E igualmente o faremos un ano máis coa intención de chegar ás ultimas consecuencias desta ilegalidade que están sufrindo algúns dos Axentes de Conservación da Natureza.
Ilegalidade desigual en toda a nosa Comunidade Autónoma, unhas provincias arránxase con voluntarios, outras requiren ó persoal por quincenas e noutras imponse coa forza do escrito o comunicado da obriga de adscrición. Menos mal que so temos 4 Provincias.
Desproporcionado tamén é o número de persoal que se activa en cada Distrito tendo en conta as RPTs da Consellería do Medio Rural (que reflicten con claridade cantos Axentes hai en cada un). Antieconómico e deficiente é dividir as patrullas de Conservación xustificado porque no Servizo de Incendios non queren os Axentes en patrulla.
Do que non temos constancia en Aprafoga, é de que os representantes Sindicais e os seus Sindicatos fixeran outro tanto, ou requiriran á Admón. outro trámite ou maneira legal de proceder a incorporar persoal doutra Consellería ou Dirección Xeral (esta última), á colaboración na loita contra incendios forestais en época de máximo perigo. Tampouco temos constancia de que ofreceran algún formato “tipo” de reclamación para estas ilegalidades. Nembargante, si nos consta que a nosa páxina web está aberta para que colguen as últimas novas.
Por outra banda, sostemos que calquera reorganización do persoal da Escala de Axentes (Forestais ou Medioambientais) por moito que se xustifique nas “necesidades de servizo”, debe cumprir as normas legais vixentes. E no caso que nos ocupa, de adscrición de persoal para dispoñibilidade por mor dos incendios forestais, debemos facer memoria dos seguintes,
FUNDAMENTOS DE DEREITO:
Decreto lexislativo 1/2008 Texto refundido da Lei de Función Pública de Galicia. –
- Situacións administrativas – Artigo 53(32):
Por necesidade do servizo, debidamente xustificada e de acordo cos criterios e as condicións que se determinen regulamentariamente, oída a comisión de persoal, os órganos competentes poderán destinar á funcionaria ou funcionario en comisión de servizos de carácter forzoso e por tempo non superior a tres meses a un posto de traballo distinto do de destino e, se supuxese cambio de localidade, a funcionaria ou funcionario terá dereito ás indemnizacións.
Decreto 293-1997 “Regulamento da Escala de Axentes Forestais”
Especialidades i estrutura – Artigo 6°:
Sen prexuízo do establecido no artigo anterior, o persoal desta escala poderá ser adscrito temporalmente con carácter funcional, durante as datas e períodos de cada año que sinale a Consellería (daquela Agricultura, Gandería y Montes), en función das necesidades existentes, a outra especialidade ou servizo, dentro do ámbito de actuación da escala, distinto daquel no que se encadre o seu posto de traballo, por un período continuo máximo de 4 meses.
Xornada, horario e quendas extraordinarias :
Artigo 16°
1. O persoal da escala realizará o seu traballo entre las 00 y las 24 horas, en función dos horarios que fixe a Consellería …./…., no marco da correspondente orden ditada pola Consellería.
Artigo 17°
1. No caso de alto risco de incendios ou doutras circunstancias que así o requiran, a Consellería poderá establecer xornadas extraordinarias.
Artigo 19°
Nos casos de emerxencia e, en xeral, naqueles en que una situación excepcional o requira, todo o persoal estará obrigado á prestación dos servizos necesarios dentro das funcións que corresponden á escala ata que cesen os motivos de emerxencia ou necesidade, nos termos establecidos nos artigos anteriores.
ORDE da Consellería de Medio Ambiente, DOGA do xoves 31 de marzo de 2005
- Réxime de prestación de servizos
Artigo 1º
Divídese o ano natural en dous períodos, un ordinario e outro extraordinario, con dous cadrantes de servizos, un por cada período, que deben quedar establecidos no último trimestre do ano anterior. No caso do período extraordinario elaborarase igualmente para todo o ano.
Artigo 2º
1. Establécese con carácter xeral como período extraordinario os meses de xullo, agosto e setembro que corresponden á Época de Perigo Alto, máis 30 días sen determinar. A utilización deste período de 30 días será decidido pola Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, por proposta da delegación provincial correspondente, podendo fraccionarse como máximo nun período de 15 días e dous períodos de oito e sete días con aviso previo de dous días para cada un dos períodos. Estes 30 días realizaranse todos os anos.
2. En cada distrito estableceranse gardas de axentes forestais, necesarios para atender a vixilancia, prevención e extinción de incendios forestais e calquera outra continxencia que se produza, reflectidas no correspondente cadrante anual. A duración da garda será de 12 horas continuadas de presenza física.
- Compensacións económicas
Artigo 7º
A partir do 1 de xaneiro de 2005, o persoal da escala percibirá 240 euros mensuais, en concepto de complemento de produtividade, para percibir durante catro meses o ano pola prestación efectiva de servizos no período extraordinario, repartíndose proporcionalmente en función da prestación de servizos neste período. A referida contía experimentará os incrementos establecidos na Lei de orzamentos para as retribucións dos funcionarios da Xunta de Galicia a partir do exercicio de 2006.
Coas citadas referencias Aprafoga sostén as seguintes ALEGACIÓNS:
- Ilegal respecto as normas vixentes, de feito; O Acordo do Xefe Territorial de Medio Rural mediante o cal se comunica a adscrición temporal, non fai nin a mais mínima referencia a ningunha das normas e
xpostas, nin a outras non citadas. Sinxelamente se limita a dicir que: “vista a proposta de adscrición temporal de axentes forestais do servizo de Conservación da Natureza á campaña de incendios forestais de 2009 formulada polo devandito servizo e seguindo os criterios de asignación comunicados pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza ACORDO adscribir temporalmente con carácter funcional e sen cambio de residencia …/…, aos axentes forestais seguintes:”Subxectiva, polo feito de diferenciar os niveis das Escalas para criterios se asignación na loita contra o lume. “Primeiro adscríbense algúns dos Axentes N14. Segundo, se a cousa se complica pasarían o resto dos Axentes N14 e os Axentes Zonais N16. Terceiro, xa nunha situación peor pasarían os Axentes Territoriais N18”. - Abusiva, por obrigar a integrarse plenamente nos cuadrantes de traballo do servizo de Incendios, que non son os cadrantes anuais do servizo de Conservación.
- Discriminatoria, pola obriga a facer compatible as dúas tarefas, dando prioridade á dispoñibilidade para a extinción e seguir desenvolvendo o seu traballo habitual no servizo de Conservación.
Todo elo a sabendas de que a retribución económica do complemento de produtividade; “é para percibir durante catro meses o ano pola prestación efectiva de servizos no período extraordinario” , e con carácter xeral o período extraordinario corresponde “á Época de Perigo Alto, máis 30 días sen determinar”.
Ademais o “vixente Acordo” unicamente se limitou a establecer a actividade extraordinaria dos axentes “para atender a vixilancia, prevención e extinción de incendios forestais e calquera outra continxencia que se produza.”
O Acordo tampouco fai distinción de xornadas extraordinarias para asuntos do Servizo de Conservación da Natureza como controlar a Caza, a Pesca, outros aproveitamentos dos recursos naturais, feiras ou exposicións de animais ou plantas, campionatos ou concursos. E por ende, Aprafoga non relaciona “… e calquera outra continxencia que se produza” para xustificación dos citados criterios de asignación, deixando persoal pendente de adscribir segundo se dean as condicións de necesidade.
Unha vez mais, a adscrición temporal que se lle está esixindo ós Axentes Forestais e Medioambientais do Servizo de Conservación da Natureza deixa moito que dicir do bo facer dos nosos superiores, do control no reparto da carga de traballo dos Axentes de Conservación, e da interpretación que fan das normas e Acordos.
Polo exposto:
SOLICITAMOS CON URXENCIA do Director Xeral de Conservación da Natureza:
- Deixar sen efecto o referido ACORDO DE ADSCRICIÓN.
- Emitir a correspondente circular a todo persoal de Conservación da Natureza da Escala Axentes Forestais e Axentes Medioambientais ca obriga de:
I. Prestar atención á vixilancia e prevención de incendios na Época de Perigo Alto 2009, namentres desenvolven o seu traballo habitual.
II.Dar prioridade á dispoñibilidade para a extinción de incendios cando sexan requiridos, paralizando o traballo que estiveran desenvolvendo.
III.Os Axentes de Conservación serán requiridos para a extinción no seguinte suposto: cando nunha Zona concreta dun Distrito se de a circunstancia que o persoal propio da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais estea ocupado en outras extincións.
O PRESIDENTE
Asdo.: Miguel García Fernández