Concurso de traslados Axentes forestais e medioambientais
O xoves día 28 de xaneiro de 2009 tivo lugar a reunión con Función Pública na que se abordaron os seguintes temas en relación coas bases da convocatoria do concurso de traslados e os postos a ofertar:
- Na fase de resultas propuxemos que se puidera elixir máis dunha localidade ó que finalmente aceptaron e vaise poder elixir en resultas ata tres localidades.
- Puntuaranse os cursos relacionados coa categoría e co ámbito de actuación das escalas de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais, sempre e cando estes fosen organizados e impartidos pola EGAP, tal e como propuxemos desde CCOO.
- Vanse poder consultar ademais das puntuacións os conceptos que se nos puntúan (Exemplo: antes tiñamos unha puntuación por cursos e non sabiamos que curso nos puntuara ou cal non e agora imos poder saber cales son os puntuados).
- Detectamos algúns erros na relación de prazas vacantes e expuxémolos nesta reunión, dixeron que os revisarían e que farían as modificacións se fora o caso.
- Solicitamos a inclusión de 5 prazas de Lourizán (tres de nivel 14 e dúas de nivel 12), por ter como requisitos de titulación os relacionados directamente con Axentes Forestais, aínda que subliñando que estas prazas non contan co implemento de específico e están suxeitas a xornadas “especiais”
- Preguntamos cando sairía publicada a convocatoria e dixeron que axiña (imos ver cando é axiña).
O día 6 de febreiro tratouse este tema na Mesa Xeral e onde se plasmou a recollida íntegra de tódalas modificacións, correccións de erros detectados e propostas feitas desde CCOO, tanto no texto como no referente ás prazas a ofertar. Así, para o martes día 10 está previsto que pase pola Comisión de Persoal, último paso para a publicación no DOG.
Se alguén quere obter máis información sobre o texto do concurso non ten máis que pedilo ás direccións e/ou teléfonos habituais (Alejandro – 657.659.534 ; Javier – 667.703.511 – ccoo.xp.co@xunta .es)
Desde CCOO agradecemos que se atenderan ás nosas suxerencias e que o concurso de traslados se convoque o máis axiña posible, o que conlevará que os compañeiros que están en postos con destino provisional poidan obter a súa praza definitiva e conquerir un asentamento estable dos traballadores.
ACCIÓN SINDICAL
Sector Admón. Autonómica de CC.OO. de Galicia
Sector Admón. Autonómica de CC.OO. de Galicia