Concurso de traslados e toma de posesión definitiva de Axentes forestais

O día 1 de febreiro a Dirección Xeral de Función Pública convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da resolución do concurso de traslados das escalas de axentes facultativos medioambientais e axentes forestais e a posterior toma de posesión definitiva das 100 persoas que agora están en destino provisional na escala de axentes forestais.

O Director Xeral volveu a expoñer as dúas opcións para resolver:

1º.- Resolver agora o concurso e ofertar para a toma de posesión todas as prazas vacantes de niveis 14 e 12 (incluídas resultas de resultas), é decir 111 prazas en total.

2º.- Resolver en abril o concurso e ofertar niveis 14 e 16, pero sin concretar o nº de prazas que se ofertarían para a toma de posesión definitiva.

A administración dixo que resolvería optando pola primeira opción, e decir, resolver agora o concurso e ofertar as vacantes totais dos niveis 14 e 12.

UGT, só pedimos que se resolvese a situación xá e se ofertase o maior número de prazas posible á xente que agora está en provisional. Non apoiamos ninguna das dúas opcións, xa que consideramos que ambas son malas.

O resto dos sindicatos tampouco apoiou ninguna opción, nin solicitou nada.
Finalmente a administración díxonos que nesta ou na vindeira semana sairá a resolución do concurso.

Inda que a reunión non foi convocada para falar do grupo C, UGT solicitou, que igual co resto dos procesos selectivos que a Xunta ten convocados, se publicase na páxina web unha data aproximada para o exame do proceso de integración. A Administración díxonos que sí que se publicaría unha data e que probablemente o exame sería entre abril e maio.

Tamén solicitamos que se volvese a convocar a mesa de negociación para a modificación da Lei 2/2000, para establecer novas datas dos procesos de integración e que todos os compañeiros poidan pasar ao grupo C (agora subgrupo C1), ante esto a Administración emprazounos a falar primeiro con Medio Rural.

José Fco. Núñez Rodríguez
Sª Nacional do Sector de Autonómica da FSP-UGT

{jcomments on}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies