Concurso de traslados – relacións definitivas
Resolución do 4 de xuño de 2009, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do concurso 01/2009 para a provisión de postos de traballo vacantes nas escalas de axentes forestais e axentes facultativos ambientais da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 11 de febreiro de 2009.
Publicadas por Resolución do 5 maio de 2009 (DOG nº 89, do 8 de maio) as relacións provisionais de admitidos e excluídos no concurso 01/2009 para a provisión de postos de traballo vacantes nas escalas de axentes forestais e axentes facultativos ambientais da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 11 de febreiro de 2009 e transcorrido o prazo que se establece nela para presentar as correspondentes alegacións, unha vez examinadas estas, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro.- Elevar a definitivas as relacións de solicitantes admitidos e excluídos no concurso 01/2009.
Segundo.- Publicar a relación definitiva de excluídos como anexo desta resolución.
Terceiro.- A lista de solicitantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nos das súas delegacións provinciais, no Servizo de Información Administrativa e Atención ao Cidadán en Santiago de Compostela, no Servizo de Información dos edificios a administrativos da Xunta de Galicia en Vigo e Ferrol, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e tamén poderá consultarse a través da páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es).
Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de
Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2009.
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Concurso Trl.: F0109
Axentes forestais e facultativos ambientais
Relación provisoria de excluídos
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Burgos |
Tortosa |
Zeltia |
|
73 |
Trashorras |
Reija |
Marcos |
|
10 |
Causas da exclusión
Cód. |
Causa da exclusión |
10 |
Solicitude fóra de prazo ou sen rexistro de entrada |
73 |
Non presenta copia da solicitude do condicionado |