Congreso Mundial da Natureza

 

Barcelona, 5 ó 14 de outubro de 2008
LogoA comunidade mundial da conservación da natureza reunirase en Barcelona en outubro de 2008. España foi seleccionada como país anfitrión para o próximo Congreso Mundial da Natureza.
O consello da Unión Mundial para a Natureza (UICN) designou a España como sé do cuarto Congreso Mundial da Natureza. O Congreso terá lugar en Barcelona en outubro de 2008.
O consello da UICN, que é a instancia principal de toma de decisións da Unión Mundial para a Natureza, evaluou as dúas propostas finais das posibles sedes: Etiopía e España. Inicialmente, once países expresaron o seu interese en acoller o Congreso.
O goberno español, xunto co goberno rexional de Cataluña e os gobernos provincial e municipal de Barcelona, serán os anfitrións do congreso en 2008.
Tanto o Presidente da Unión, Valli Moosa, como o consello da UICN, expresaron o seu profundo recoñecemento aos gobernos de Etiopía e España polo seu traballo e compromiso excepcional en preparar as propostas.
O Congreso Mundial da Natureza, que ten lugar cada catro anos, é un dos maiores e máis diversos eventos dedicados a mellorar o manexo do ambiente, considerando ao mesmo tempo o desenvolvemento humano, social e económico.
O último congreso, que tivo lugar en Bangkok en novembro de 2004, reuniu a máis de 5000 persoas de todos os recunchos do planeta para discutir e tomar decisións con respecto a asuntos ambientais e de desenvolvemento.
O congreso é en parte un foro, e en parte unha asemblea dos membros da Unión. O foro, unha gran mostra da comunidade internacional da conservación; reúne a gobernos, axencias gobernamentais e non gobernamentais, empresas privadas, políticos, científicos, líderes sociais e sindicais, empresarios, xornalistas, grupos indíxenas, artistas e músicos; para discutir, compartir e aprender.
A Asemblea, a máxima instancia de toma de decisións da Unión, reúne ás máis de 1000 organizacións membros para debater e votar con respecto a políticas, aprobar o programa de traballo da Unión para os próximos catro anos, elixir o seguinte concello e manexar os asuntos de negocios da Unión.
As seis comisións da Unión, que representan a 10.000 dos científicos e expertos máis recoñecidos da conservación, tamén estarán presentes no Congreso en 2008.
O congreso de 2008 levarase a cabo no Centro de Convencións Internacional de Barcelona (CCIB), á beira do Mediterráneo e a poucos minutos do centro da cidade.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies