OS REPRESENTANTES DO COLECTIVO ESTÁN A TRABALLAR PARA CONSENSUAR O TEXTO DEFINITIVO DO REGULAMENTO DA ESCALA DE AXENTES FACULTATIVOS MEDIOAMBIENTAIS
Santiago de compostela, 11 de xuño de 2013
Delegados das catro centrais sindicais (CSIF, CIG, CC.OO e UGT), xuntamente con dous representantes da asociación profesional (APRAFOGA), reuníronse en Santiago para tratar de consensuar un texto antes de negocialo coa Administración.
O texto básico do que se parte é a proposta que está colgada nesta páxina (Regulamento grupo C). Partindo do texto citado, calquera membro do colectivo pode facer as propostas que considere oportunas a través dos compañeiros que exercen de delegados sindicais ou dos representantes da asociación.
O vindeiro día 18 están citados pola Administración para empezar a tratar este tema.