Contestación ó escrito sobre comisións de servizo
En relación co escrito desa Asociación Profesional de data 19 de novembro de 2008, relativa á cobertura en comisión de servizos dun posto de axente no distrito XIX Caldas-Salnés, comarca de Pontevedra-Morrazo dependente da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, comunícase que a día de hoxe non hai ningunha petición por parte da dita Consellería da cobertura deste posto en comisión de servizos, de
todos os xeitos, damos traslado do seu escrito á Secretaría Xeral da consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
Polo que se refire á publicidade das comisións de servizos, informámoslle que por resolución de data 21 de novembro de 2008 modificáronse o apartado 1 do punto sétimo da Resolución do 27 de marzo de 2006 pola
que se ditan instrucións sobre a cobertura temporal de postos de traballo mediante comisión de servizos, establecéndose que “con anterioridade a que se remita a proposta para a tramitación darase publicidade durante un prazo de 5 días na páxina web da Dirección xeral da Función Pública do/s posto/s que se pretenden cubrir mediante comisión de servizos”.
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2008
A directora xeral da Función Pública
Mª. del Mar Rodríguez Fernández
SR. PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE AXENTES FORESTAIS DE GALICIA
Aptdo de correos 315
36080 PONTEVEDRA {jcomments off}