Convocatoria da Comisión de Seguimento do Acordo
Unha nota semellante foi enviada á Consellería do Medio Rural
A última Comisión de Seguimento do Acordo sobre condicións de traballo dos/as funcionarios/as da Escala de Axentes Forestais tivo lugar o 31 de outubro de 2007.
Logo de máis dun ano demandando ante a Administración a convocatoria da mesma, as organizacións sindicais asinantes de dito Acordo (CIG, CC.OO., UGT e CSI-CSIF) non voltamos a ser convocadas dende entón ata o día de hoxe, tendo vencido nese período a vixencia do mesmo en xaneiro de 2008.
A nomeada Comisión fora creada por consenso para realizar o seguimento e desenvolvemento do Acordo, introducir medidas correctoras, as melloras necesarias e unha adaptación ós tempos, é dicir, non se trataba de algo pechado. Pero esas previsións non se cumpriron, xa que de forma unilateral o Acordo foi vulnerado polos representantes da Administración.
Hoxe en día, tralo proceso de promoción cara á Escala de Axentes Facultativos Medioambientais, pendentes do remate do mesmo, con novas incorporacións de Axentes, co Acordo vencido, sen novo Regulamento, sen planos de prevención de riscos laborais, con cuadrantes de traballo inoperativos, cunha estructura funcional moi degradada, sen unha adecuación ás novas políticas e demandas medioambientais e para o rural,… é unha necesidade urxente o retomar os obxectivos de dita Comisión.
Por elo, e por medio da presente:
As organizacións asinantes convocamos a unha xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo sobre Condicións de Traballo das Escalas de Axentes Facultativos Medioambientais/Axentes Forestais que terá lugar o vindeiro 20 de febreiro ás 10 horas na sala E de San Caetano, para tratar a seguinte
ORDE DO DÍA:
Revisión do Acordo Sobre Condicións de Traballo das Escalas de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais de Galicia, nova redacción e vixencia.
Suxerencias.
Nota: Previamente enviarase documentación (proposta conxunta de Acordo de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais de Galicia).
CC.OO. CIG UGT
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE