Convocatoria de acceso ó Grupo C

 

Solicitudes: Están a disposición de todos/as que desexen participar no proceso na páxina web da Xunta de Galiza, premendo a icona Empregarse procesos de ingreso, habendo dúas modalidades, segundo se dispoña ou non de certificado dixital da FNMT (Fábrica Nacional da Moeda e Timbre) ou DNI electrónico.
 
Documentación a presentar: Xunto coa solicitude, documento de pagamento dos dereitos de exame, na cantidade de ¿?
 
Prazo para presentación solicitudes: 20 días naturais. Remata o 20 de Xullo de 2009.
 
Pagamento de taxas: Estarán exentos do pagamento das taxas as persoas con minusvaía igual ou superior ao 33%, e persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoria especial. No caso da categoria xeral terá unha bonificación do 50%. O pago das citadas taxas poderá facerse dos seguintes xeitos:
  • Sen certificado dixital. Imprimindo o documento de pagamento unha vez que está cuberto e logo realizar o ingreso en calquera entidade financeira colaboradora.
  • Con certificado dixital. Poderáse realizar o pagamento con cargo á conta do titular do certificado dende a opción de pago telemático, obtendo nese intre o xustificante correspondente.
 
 
 
Información da CIG 
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies