Convocatoria de Asemblea de Axentes forestais e Axentes facultativos medioambientais da Xunta de Galicia
As organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF, en representación do persoal das escalas de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais da Xunta de Galicia,
DENUNCIAMOS:
O desprezo contínuo por parte dos responsables da Consellería de Medio Rural os que, aínda despois da vaga de lumes de outubro, no pleno parlamentario do 26 de outubro o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, atreveuse a dicir que os axentes forestais “non son policía” coa intención de xustificar o desmantelamento das BIIF (Brigadas de Investigación de Incendios Forestais). Tamén tachou de “esnobismo” o criterio técnico do 30-30-30 nun exercicio de absoluta ignorancia e reduciu a superficie queimada en outubro a 4.000 has.
O obstinamento que ten a DX de Montes en que non se convoque a Comisión de Seguimento do Acordo de Axentes Forestais, promovendo xornadas longuísimas aos compañeiros que estiveron dirixindo os incendios deste mes de outubro e, finalmente a imposición ilegal do período extraordinario a partires do 17 de outubro.
As organizacións sindicais solicitamos en numerosas ocasións a convocatoria da Comisión de Seguimento para a elaboración dun novo Acordo (xa que este xa se demostra obsoleto e ineficaz ademais de estar caducado) e, entre outras, impulsar o Regulamento dos Axentes Facultativos Medioambientais, e os procesos selectivos pendentes para a integración definitiva no grupo C1, así como o remate do que na actualidade está en marcha.
Incúmprese a cobertura das vacantes, baixas e permisos o que fai que en algúns distritos estean sen cubrir o 30% dos postos, provocando un exceso de carga de traballo nos compañeiros e compañeiras.
Polo que, ESIXIMOS:
A NEGOCIACIÓN SERIA E EFECTIVA co fin de solucionar os serios problemas laborais e funcionais que temos os Axentes Forestais e Facultativos Medioambientais,
Para o que é imprescindible a xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo de condicións de traballo dos axentes forestais.
Para tratar as cuestións en relación co futuro dos Axentes Forestais e Facultativos Medioambientais convocámoste a asemblea que imos ter o vindeiro:
4 de novembro de 2011
Ás 10:00 horas
Salón 2 – Edificio Administrativo San Caetano
Santiago de Compostela
{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}