Críticas no foro de Apropiga
- Os Axentes Forestais e Medioambientais realizamos as nosas funcións dacordo coas competencias que nos outorga a normativa que nos regula.
- No exercicio do anterior, efectivamente pode ser que haxa que tomar decisións que interesan ó noso traballo pero que non son compartidas por algúns dos traballadores do sector forestal que non desempeñan as mesmas funcións que nós, xa que as nosas están totalmente definidas.
- As actividades dos funcionarios da Escala de Axentes Forestais e Medioambientais ás veces colisionan cos intereses doutros sectores que poden ser denunciadas ou fronte ás que se poden opoñer; non obstante o anterior, en ningún caso como Asociación podemos permanecer inoperantes ante manifestacións que constituen calumnias ou inxurias vertidas en espazos públicos e que afectan en gran medida ao prestixio e labor e por extensión ao resto do colectivo.