A Csif abandona a Plataforma Sindical e deixa tirados ós compañeiros

 

Como xa oiríades a Csif decidiu sairse da Plataforma Sindical.
Eles, pois así o confirmaron, creen que desta maneira se poden sacar maiores vantaxes para o colectivo, algo que é moi respectable pero de dudosa eficacia pois dividir é restar, e sumar é multiplicar.
 
O peor son as acusacións gratuitas e as falacias verquidas para tentar explicar a absurda decisión tomada pola súa parte.
 
Non son certas as acusacións de negociacións encubertas e por separado. As reunións que houbo o día 9 foron convocadas polo Director Xeral de Montes, polo que nin CCOO nin UGT son os responsables de facer esta convocatoria, ás que asistimos só a escoitar o que tiñan que dicir, sen negociar absolutamente nada e sen que dixésemos ningún tipo de opinións sobre o que se nos estaba a plantexar.

 
Se cadra, o único que sí fixo CCOO foi pedir explicacións de porqué non se nos citaba como Plataforma Sindical e pedir que tamén fose chamada a Csif, algo que sucedeu 2 días máis tarde. Reunión á que por certo Csif sí asistiu de xeito individual, coma os demáis. Nestas tomas de contacto sibilinas por parte de Medio Rural a todos se nos fixo a mesma proposta que consideramos unha miseria máis, pero o obxectivo do Sr. Alberte Blanco era dividirnos e logrouno. A Csif mordeu o cebo ata a galaxa e isto pagarémolo todos, ainda que algúns máis que outros.
 
Tampouco é certo que se defendan nas mesas cuestións tan absurdas como pedir concurso de traslados no que non poidan participar os compañeiros que o fixeron no último concurso ou no pase ó C, nin que o curso habilitante do grupo C sexa so para os que cumpren os requisitos de presentación ós procesos de integración (senón ó contrario. Os que non deben participar nese curso son os que xa o teñen. Para que repetilo? para retrasar máis o proceso?), nin tampouco é verdade que esquezamos ós compañeiros de Lourizán, nin ós afectados por Muface, nin ós que dentro de menos dun ano non teñan os cinco anos de antigüidade para poder presentarse ó C, nin os compañeiros de Medio Ambiente por acudir ás reunións da única consellería que tivo a mínima dignidade de facelas, que foi Medio Rural, ainda que nas mesmas pretendan reirse de nós (polo menos fixérono á cara).
 
Nestas reunións estades todos, e tamén nas mesas de negociación, e ninguén esquece a ninguén. O resto é botar merda enriba do colectivo. Os sindicatos non son os responsables de reunións individuais, por sectores, consellerías e demáis artimañas que logran dividirnos, retrasar os acordos, enganarnos e so coa pretensión partidista de levarse medallas. Dende o principio insistimos de xeito moi claro e contundente que as negociacións, reunións e acordos deben afectar a todo o colectivo polo que deben estar presentes en conxunto nas mesas tódalas consellerías afectadas. Nós non temos que pagar a peaxe dos gobernos bi-tri ou quitoplu-partitos.
 
Por outra banda tamén é certo que para o que aportaron os compañeiros da Csif dende hai 2 anos caseque é mellor que queden fóra. Non pegar pau á auga, non facer ningún documento, non ir ás reunións, roldas de prensa, peches de delegados e agora pretender sacar proveito do esforzo dos demáis e ningunear as decisións dos traballadores en asembleas é suficiente como para ter claro que antes de estar ó carón de vagos, antidemocráticos e maleantes estamos sos pero tranquilos. More information about gclub casino thai
Sobre todo de conciencia.{jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies