CUESTIONARIO
Estimados compañeiros:
Fai uns días, o Presidente e o Secretario de APRAFOGA tivemos unha reunión coa Asesoría Xurídica desta Asociación. Esta reunión fíxose para analizar e valorar a traxectoria marcada nestes últimos anos; e tamén sopesala, cos efectos das reivindicacións que levamos presentadas e o ente que representamos, “Asociación”.
Aproveitando unha das reivindicacións máis examinada por esta Asociación e a organización do persoal. A organización en xeral, e en particular a intromisión de persoal alleo ó Corpo/Escala de Axentes Forestais nas nosas funcións e competencias. Persoal laboral non funcionario, a quen a Admón. lle ven consentindo e ordenando funcións propias dos Axentes Forestais e inclusive equiparándoos á categoría base da nosa Escala. Como así redactan algúns dos parágrafos das Directrices de Organización dos Servizos Provinciais de Conservación.
Por elo, co fin de arranxar esta usurpación de funcións que estamos a sufrir, que condiciona negativamente o número de postos de traballo de Axente Forestal ou Medioambiental cos que debería contar a actual CMADS. Ademais do ilegal procedemento que se lle da ós expedientes de denuncia presentados por este persoal; así coma, ós requirimentos destes traballadores para inspeccións e informes de asuntos competencia do Corpo/Escala de Axentes Forestais. Have fun with g club
Igualmente comentamos tamén coa Asesoría, unha serie de traballos a levar a cabo para un maior e mellor sostemento dos nosos escritos e reivindicacións. Tanto diante da propia Admón. coma dos medios de comunicación. Entre eles, un dos máis laboriosos pero sen dúbida o máis efectivo, é unha enquisa por escrito. Nela podemos prantexar tódalas preguntas que consideremos relevantes á hora de ser empregadas para protestas, propostas, reivindicacións, informacións ou denuncias ante os medios de comunicación ou á propia Admón.
En consecuencia, por ela comezamos.
MARCA A TÚA RESPOSTA
Agradecerche a colaboración que prestas na contestación da enquisa.
Comprenderás que será complicada de analizar, pero que sen dúbida será unha boa base de sustento e aval para a presentación dos documentos que vos manifestamos ó comezo. Como igualmente aqueles comunicados que poidamos colgar na páxina a xeito de información xeral.
Pontevedra, 12 de novembro de 2008
O Presidente de APRAFOGA
Miguel García Fernández
Nesta ligazón podes descargar a enquisa en formato rar para logo descomprimilo arquivo co Winrar, no caso de que non teñas o Winrar, podes descárgalo desta outra ligazón en formato doc para gardar no teu ordenador e posteriormente abrir co Word.{jcomments off}