A Asociación profesional de Axentes forestais e Medioambientais de Galicia organiza cursos para que este colectivo estea o mellor preparado posible e siga realizando no futuro un servizo público de calidade. Con tal motivo Aprafoga está organizando unha edición por provincia do curso de Recoñecemento de cadáveres de rapaces polos seus restos óseos.

Cómo fan os Axentes Forestais de Galicia para determinar unha especie cando o que se atopa son restos de plumas, hosos e músculos carbonizados ou en descomposición? Coa aprendizaxe neste curso son quen de determinar as especies polos restos dos seus hosos. Esta é unha importante ferramenta para a loita contra a electrocución e outras modalidades de mortandade de rapaces.

O curso é impartido por un especialista en fauna do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e cada alumno recibe un libro gartuito deste ministerio. Seguindo o libro, vaise coñecendo os hosos obxecto de estudo, as medidas que se deben tomar, os sistemas de clasificación e as características de candansúa especie; todo elo coa axuda de maquetas de hosos das distintas especios que os alumnos teñen ao seu dispor.  Cada alumno individualmente pasa por tódalas especies obxecto de estudo, utiliza os diferentes sistemas de clasificación, medidas, formas e proporcións e ten que achar a resposta no caso incluso de mostras incompletas.

A primeira edición do curso en Galicia foi celebrada recentemente en Pontevedra, na escola forestal de Lourizán, a que asistiron 18 Axentes Forestais e Medioambientais desta provincia que se adican habitualmente ao seguimento da fauna. Ao longo deste ano celebrarase tamén nas outras provincias.

curso_aves_aprafoga_01

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies