Cursos de formación contínua 2010 CC.OO

Formación contínua 2010

Estimado compañeir@:

CC.OO. ten posto en marcha dende xa hai uns anos un plan de formación contínua específico para Axentes Forestais e Medioambientais. Este Plan encádrase dentro da Lei Orgánica 5/2002, de 19 de xuño, das Cualificacións e da Formación Profesional, no Catálogo nacional de cualificacións profesionais, regulado polo Real Decreto 1128/2003, de 5 de setembro, e tamén no Real Decreto 295/2004, de 20 de febreiro, que establece as cualificacións profesionais e os seus correspondentes módulos formativos da familia profesional “Seguridade e Medio Ambiente”, na que estamos encadrados os Axentes Forestais e Medioambientais.

Para Isto, CC.OO., como xa se explicaba máis arriba, ten posto en marcha unha serie de cursos adaptados á anterior normativa e que se engloban nos módulos formativos especificados na lexislación anterior, e dos que actualmente están en marcha os seguintes cursos por módulos:

Módulo formativo (MF0083_3) – Actividades de uso público e protección do medio natural.
Actividades de uso público e protección do Medio Ambiente – 200 horas – En liña

Módulo formativo (MF0084_3) – Control e vixilancia dos aproveitamentos dos recursos naturais.
Control e vixilancia dos aproveitamentos dos recursos naturais – 110 horas
Ofertarase a partir do ano 2011

Módulo formativo (MF0085_3) – Control e vixilancia dos aproveitamentos cinexéticos e piscícolas.
Control e vixilancia dos aproveitamentos cinexéticos e piscícolas – 90 – En liña

Módulo formativo (MF0086_3) – Control e vixilancia da restauración, mantemento, ordenación e defensa dos espazos naturais.
Control e vixilancia da restauración, mantemento, ordenación e defensa dos espazos naturais – 130 horas – En liña
Investigación de delictos medioambientais no ámbito forestal – 35 horas – Presencial
Investigación da causalidade dos incendios forestais – 35 horas – Presencial

Destes cursos, o que se atopa agora mesmo en tempo de solicitudes abertas ata o 20 deste mes é o de “Investigación dos delictos medioambientais no ámbito forestal” encadrado no plan de formación contínua para as admnistracións públicas (AFCAP) do 2010 e a solicitude para o curso tamén vai anexada.

No caso de que tí ou algún compañeir@ queira inscribirse no mesmo, ademáis de encher a solicitude, deberedes remitir copia (polo menos da parte superior) da nómina e copia do DNI e podedes remitir á Federación de Servizos á Cidadanía – Formación – Avda. Alfonso Molina (Qm. 2) s/n – 5º Andar – 15009 – A Coruña, ou tamén á miña dirección particular R/Rianxo 7 – 4º B – 15009 – A Coruña. O curso vai ser do 8 ao 12  de novembro en xornadas de mañá e tarde en Betanzos. Como está dentro do plan AFCAP non fai falla
pedir nin vacacións nin asuntos propios, e os gastos de manutención e desprazamento están cubertos polo propio curso.

Se queres ou queredes máis información non tedes máis que dicilo.

P.D.: É moita hora de presentar as solicitudes, pois xa empeza a haber máis solicitantes que prazas.

Unha aperta

Alejandro Rodriguez Pazos.

Xunto en arquivo remítoche díptico de formación contínua e solicitude para solicitar o curso.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies