Data do exame para o acceso ó Grupo C

Resolución do 22 de outubro de 2010, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para a promoción á escala de Axentes facultativos ambientais da Administración da Xunta de Galicia, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de Axentes forestais, convocado pola Orde do 25 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 126, do 30 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 20 de outubro de 2010, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de setembro de 2010 para cualificar o proceso selectivo para a promoción á escala de axentes facultativos ambientais da Administración da Xunta de Galicia, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.4.4. da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 17 de decembro de 2010, na aula 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

 

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2010.

José Luis Chan Rodríguez
Presidente do tribunal

{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies