Denuncia do Acordo sobre condicións de traballo dos Axentes forestais

 

D. Alejandro Rodríguez Pazos, en nome e representación da Federación Sindical de Administracións Públicas (FSAP) do sindicato CCOO, co enderezo a efectos de notificacións en no Edificio Sindical na rúa Miguel Ferro Caaveiro 8-C – San Lázaro – Santiago de Compostela, da provincia da Coruña, ou alternativamente D. Javier Sánchez Juíz, ou D. Emilio Doforno Guzmán, ante esa Dirección Xeral comparecen e como mellor proceda,

 

DIN:

 

Que por medio do presente escrito veño a formular a denuncia da caducidade do ACORDO SOBRE CONDICIÓNS DE TRABALLO DA ESCALA DE AXENTES FORESTAIS, e que vence o día 31 de decembro de 2007.

 

FEITOS:

 

Primeiro.- Que o sindicato promotor da denuncia por caducidade do mencionado acordo actúa en nome e representación dos traballadores en xeral da Xunta de Galicia e dos especialmente afectados polo Acordo denunciado en número aproximado de 550 que son os colectivos de Axentes Forestais e Axentes Medioambientais.

 

 

A súa capacidade de representación, a efectos da presente denuncia, fundaméntase na súa condición legal de sindicato con representatividade (artigo 6º da LOLS) e de sindicato con notoria implantación no ámbito do sector da Administración Autonómica.

 

A presente denuncia afecta subxectivamente ós funcionarios pertencentes ó colectivo mencionado e que prestan os seus servizos en tódolos centros de traballo que a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a Consellería do Medio Rural teñen en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Segundo.- Que o persoal afectado pola presente denuncia viña rexéndose, ata o de agora, polo recollido nos termos do Acordo obxecto de denuncia, e que, durante a súa vixencia, nunca foi denunciado.

Terceiro.- Os termos contidos no denunciado Acordo veñen recollidos no anexo deste escrito mediante fotocopia íntegra do texto en cuestión.

 

Cuarto.- Ante o comenzo do ano 2008, e ante a caducidade do devandito Acordo os traballadores afectados atópanse coa indefinición da súa turnicidade, horarios, compensacións e demáis aspectos recollidos no ata o de agora vixente Acordo. Débese ter en conta o recollido no artigo 16 do Decreto 293/1997, do 1 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da escala de Axentes Forestais.

 

Quinto.- A devandita denuncia ampárase no recollido na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, sobre todo no seu artigo 38.11, así como na Lei 13/2007, do 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, así como noutras normas que poidan afectar ó procedemento en cuestión.

 

E, polo exposto,

 

SUPLICO admita este escrito e, na súa virtude, teña por formulada a denuncia por caducidade do ACORDO SOBRE CONDICIÓNS DE TRABALLO DA ESCALA DE AXENTES FORESTAIS, e que polo tanto se abra de modo urxente unha mesa de negociación sobre os termos que na presente se denuncian, así como se dicten as normas e instruccións necesarias para que as necesidades dos servizos non vulneren os dereitos dos traballadores afectados, e de seren así, os mesmos se axusten ás compensacións a que veñan dadas por dereito.

 

A Coruña, 28 de decembro de 2007


 

 

 

Asdo.: D. Alejandro Rodríguez Pazos

 

 

DIRECCIÓN XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA{jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies