A CIG denuncia o desmantelamento das Brigadas de Investigación de Incendios Forestais (BIIF) da Xunta de Galicia

{google.es}5708187846381179361{/google.es}

A Consellería de Medio Rural ostenta as competencias estatutarias en materia de medio ambiente, e entre outras, todas as relacionadas cos incendios forestais, tanto prevención coma extinción e, algo fundamental na loita contra incendios forestais, a investigación dos incendios unha vez producidos.

Dende o ano 2001 tiña operativas 19 brigadas de investigación de incendios forestais compostas por 2 Axentes forestais cada unha, en toda Galiza. Estes/as Axentes da autoridade, funcionarios/as da Xunta de Galicia traballan todo o ano en coordinación cos fiscais, na investigación dos incendios forestais, realizando a determinación da orixe do lume, as súas motivacións e os posibles causantes e sendo unha peza fundamental na persecución destes delictos.

A día de hoxe a Xunta de Galicia ten desmantelado, na práctica, estas brigadas de investigación xa que non cubre as vacantes, non forma aos Axentes forestais nin proporciona material e medios para a realización destas tarefas.

Esta é unha mostra máis da inoperancia e inactividade da que fai gala a Consellaría de Medio Rural, que intentan desmantelar un servizo público esencial na Galiza como é a loita contra incendios forestais, sen importarlle as consecuencias que esto signifique para o País.

Dende a CIG demandamos en moitas ocasións e volvemos a facelo, sobre todo a día de hoxe, co dispositivo do verán a punto de comezar a cobertura da grande cantidade de vacantes de axentes forestais que hai sen cubrir.
Denunciamos que hai distritos con máis de 5 prazas sen cubrir a día de hoxe, dunha plantilla media de 18 Axentes forestais. Por pór só un exemplo paradigmático do desmantelamento do servizo tanto no distrito de Ourense como no de Verín a día de hoxe non está a funcionar a BIIF. A Xunta de Galicia segue a negarse a cubrir as vacantes a pesar de ser este un colectivo de funcionarios/as que traballa directamente na xestión de emerxencias, xa que son os directores/as de extinción dos incendios forestais, coordinando e dirixindo tódolos medios que participan na extinción, máxime na época na que nos atopamos.

Tamén coñecen e traballan no monte galego durante todo o ano, participando na súa xestión, no control, na extinción dun incendio e ata na súa investigación conformando así un mapa de tódolos factores que poden intervir.

Dende a CIG consideramos inadmisible que teña que vir de fóra a investigar incendios o Corpo Nacional de Policía, tendo xa aquí, na Galiza, as brigadas de investigación de incendios forestais (BIIF) e que lonxe de reforzarse se estean desmantelando, por iso reclamamos a cobertura inmediata de tódalas vacantes de Axentes forestais e reforzo das BIIF.

Ourense, 23 de xuño de 2010

CIG

{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}

{xtypo_feed}A nova nos medios, O País, A Voz, Europa Press, Medio Rural{/xtypo_feed}

{jcomments on}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies