A PESARES DE QUE OS RESPONSABLES POLITICOS E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SO VALOREN A ACTUACIÓN DE DETERMINADOS COLECTIVOS, O TRABALLO DOS AXENTES FORESTAIS SEGUE SENDO DETERMINANTE PARA A LOITA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS E PARA POR A DISPOSICIÓN XUDICIAL AOS PRESUNTOS INCENDIARIOS
Un claro exemplo é o acontecido o pasado 11 de setembro no monte Candán do Distrito XVI Deza-Tabeiros, cando un Axente Forestal da nomeada demarcación colleu in fraganti a un incendiario que acababa de poñer ata 20 puntos de lume en varias pistas forestais. Pese a que o presunto delincuente iniciou a fuxida no seu vehículo cando foi sorprendido, o axente actuante, grazas a súa pericia e coñecemento das infraestructuras forestias, e con risco de por en perigo a súa integridade, conqueriu darlle alcance co vehículo oficial para detelo e de seguido chamar as forzas de seguridade co fin de polo a disposición xudicial.
Os feitos aconteceron nas inmediacións do emblemático paraxe, entre as dúas e as tres da mañá. Os numerosos puntos de lume provocaron ata 12 incendios, que afectaron ata un total de aproximadamente 42 hectáreas de superficie, todas dentro da Rede Natura, pertencentes as parroquias de Vilatuxe, Zobra e Lebozán do concello de Lalín.
A heroicidade deste compañeiro non é un feito aillado, senón un mais das numerosísimas actuacións que ten este colectivo nos mais de 130 anos de historia na protección e defensa do medio natural. No entanto debemos felicitalo e agradecer o seu traballo.