Detido un presunto incendiario en Mondariz
Medio Rural destaca a colaboración das Brigadas de Investigación Forestal coas forzas de seguridade, que permite pór a disposición xudicial aos delicuentes que provocan lumes forestais de forma intencionada.
Os axentes forestais actuantes, tras realizar as primeiras dilixencias, trasladaron ao presunto autor dun incendio forestal ás dependencias da Garda Civil de Ponteareas para a súa posta a disposición xudicial.
Grazas aos traballos de extinción realizados polos medios do servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais, o lume só afectou a 0,25 has de superficie de varios propietarios particulares.
Dende a Consellaría do Medio Rural mantense o operativo de coordinación coas forzas de seguridade para continuar cos labores de vixilancia e control, co obxectivo de evitar novos incendios.