Días adicionais de vacacións e asuntos propios por razóns de antigüidade

 

Tal como di o Convenio Colectivo e o Estatuto Básico do Empregado Público, todo persoal acollido a él, ten dereito a un día hábil de vacacións a maiores, ó cumprir 15 anos de antigüidade  e engadirase un día hábil ó cumprir os vinte, outro ós vintecinco e outro máis ós trinta, ata un máximo de catro.
 
No tema dos asuntos propios, temos nove días con carácter xeral; ademáis, temos dous días a maiores ó cumprir o sexto trienio e outro día máis por cada trienio cumprido a partir do oitavo.

Se algún de vós se atopa nesta situación, ten que solicitar estes dous dereitos que nos asisten ó correspondente Xefe de Distrito, para facelos efectivos, e en caso de que non se vos concedan, non duvidedes en poñervos en contacto con nós.

 
 
 
Ourense, 19 de maio de 2009.
 
 
 
 
SECCIÓN SINDICAL DE CC.OO. DE MEDIO RURAL DE OURENSE
Para calquera outra dúbida ou aclaración póñedevos en contacto no
988392260

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies