Axentes Facultativos Medioambientais dos Distritos XVII, XVI e XIX presentan unha Dilixencia en conxunto ante a Fiscalía Provincial de Medio Ambiente pola localización de Voitres mortos por impacto con Aeroxeneradores.
Axentes F. Medioambientais adscritos á Dirección Xeral de Conservación da Natureza nos Distritos XVII, XIX e XVI presentaron a finais do mes de Decembro unha Dilixencia en conxunto ante a Fiscalía Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra como consecuencia da localización durante os meses de Agosto e Setembro do presente ano de seis Voitres Leonados, un Voitre Negro, así como catro Aguías Albelas mortas por impacto con aeroxeneradores dos parques eólicos sitos nas Serras de Faro de Avión, Suido e Cando.
Nesta Dilixencia os Axentes Medioambientais fan constar, entre outras consideracións, a necesidade da realización por parte da Administración ambiental competente, dun seguimento e monitorización destas comunidades de aves, para deste xeito evaluar dunha forma efectiva a interrelación entre a expansión, reproducción e a dispersión das mesmas, e as posibles interferencias provocadas por estas instalacións, establecendo as medidas correctoras oportunas para evitar este tipo de colisións. Asemade, recálcase a necesidade de realizar ditas de actuacións, xa que as comunidades referidas atópanse amparadas polas distintas lexislacións autonómicas, estatais e europeas.