Escrito sobre os cambios nos cuadrantes no Distrito III

 

 
O escrito envióuselle hoxe día 22 de setembro de 2008 ó Secretario Xeral de Medio Rural e ó Director Xeral de Montes e Industrias forestais.
 
Dende hai xa varios meses véñense producindo feitos no Distrito III Santiago – Meseta Interior que incumpren a legalidade vixente, como é o caso do cuadrante de horarios que se regula no Acordo das condicións de traballo da escala de Axentes forestais, que como ben sabe, estipula que os cuadrantes de horarios dos Axentes deberán estar confeccionados antes de que remate o ano e con carácter anual, si ben éstes poderán ser axustados segundo as necesidades do Servizo e postos en coñecemento dos Axentes afectados con catro días de antelación.
 
Pois ben, dende o pasado mes de abril os Axentes reciben tódolos meses cuadrantes novos de horarios, en abril reciben o cuadrante do mes de maio e así sucesivamente, agás na época de máximo risco ( polo de agora ), sen haber unha xustificación de peso que xustifique tales feitos, nin tan sequera as “necesidades do Servizo”, algo, dito sexa de paso, moi relativo, xa que non se poden xustificar necesidades do Servizo os cambios nos horarios, pois os Axentes realizan os seus traballos en quendas de mañá, tarde e noite, cubrindo tódalas franxas horarias cun número de Axentes máis ou menos equitativo.

 
Si ésta situación é grave, polos trastornos que se lle está a ocasionar a tódolos Axentes do devandito Distrito, xa que non saben de qué van traballar o mes seguinte, non é menos grave o que acontece na quenda de noite.
 
Segundo se estipula no Acordo das condicións de traballo, tódolos Axentes realizarán unha quenda nocturna de cinco días consecutivos cada seis semanas, isto ata o de agora víñase cumprindo con regularidade, habendo un Axente de noite por cada comarca, de tres a catro, agora xa só hai un para todo o Distrito, incumprindo, como digo, a legalidade.
 
Tamén se deu a triste situación de cambiar a un Axente de comarca, sin posibilidade ningunha de defensa ou alegacións en contra por parte do Axente afectado, foi designado a dedo, xustificando, como non, “necesidades do Servizo”, unhas necesidades que provocan a ruptura e desaxuste dunha comarca para tratar de arranxar outra comarca, para logo acabar facendo tarefas administrativas en dúas comarcas.
 
Por tódolo exposto, agardo teña a ben corrixir esta situación, que ademais dos trastornos que está a provocar na vida laboral e persoal dos Axentes, está a crear un clima moi frío e pouco favorecedor para un normal desenvolvemento profesional.
 
 
Pontevedra, 22 de setembro de 2008
 
Atentamente
O Presidente de APRAFOGA
 
 
 
 
Miguel García Fernández
 
 
 
 
 
Sr. Director Xeral de Montes e Industrias Forestais
Edificios Administrativos – San Caetano, s/n
15704 – Santiago de Compostela {jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies