Únicamente se lle esixe á traballadora estar en situación de alta no momento da solicitude da prestación.
O procedemento se iniciará a instancia da traballadora mediante solicitude dirixida á Dirección Provincial da Entidade Xestora (Mutua) da provincia na que a interesada teña o seu domicilio. No caso de que a empresa non esté asociada a ningunha Mutua, terá que acudir directamente ao INSS.
A documentación que se deberá aportar será a seguinte:
- Solicitude da prestación.
- Declaración da empresa ou traballadora por conta propia, sobre condicións de traballo e riscos.
- Informe médico do facultativo do INSS ou do Servizo Público equivalente máis certificación médica expedida polos servizos médicos da Mutua. O certificado emitido pola Mutua ten como obxecto que íste certifique si o traballo realizado pola traballadora poida supór un risco para a saúde, a do feto ou a da lactante.
- Declaración da empresa sobor da inexistencia de postos de traballo compatibles co estado da traballadora. Deberá ir acompañado do informe sobor do particular emitido polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais no que faráse referencia os riscos do posto (propio ou alleo).
- Fotocopia do DNI ou do libro de familia (caso de risco durante a lactancia).
- Certificación da empresa da base de cotización do mes anterior á suspensión do contrato (conta allea) ou boletín de cotización do mes anterior a solicitude (conta propia). Solicitaránse os seis (6) derradeiros boletíns de cotización ao obxecto de verificar si se cumpre o requisito de estar ao corrente de pago.
- Declaración de situación de actividade (conta propia).