Documentación remitida pola Asociación ós Grupos Paramentarios (BNG – PSOE)

 

Ante a formación dun novo Goberno e unha nova estrutura e reparto funcional das competencias que ata o de agora eran propias da escala de Axentes Forestais e co obxectivo de aportar valoracións e aspectos que puidesen axudar nesta nova etapa ou cando menos mellorar as condicións nas que poder exercer as tarefas que ata o de agora levábamos a cabo os Axentes Forestais de Galicia, e tralos contactos habidos xa antes do proceso electoral, presentamos o seguinte informe atendendo deste xeito ás peticións feitas polo seu partido político.

DENOMINACIÓN:

ESCALA DE AXENTES FORESTAIS

PROCEDENCIA E ANTIGÜIDADE:

CORPO DE GARDERÍA FORESTAL DO ESTADO E ICONA

128 ANOS

POSTOS DE TRABALLO:

551, repartidos segundo cadros anexos.

Nota: O pasado día 1 de agosto saíu publicado unha disposición no DOG na que se eliminaban dúas plazas de Axentes Forestais.

REGULACIÓNS E COMPETENCIAS

DECRETO 293/1997 (anexado)

ACORDO ADMINISTRACIÓN/SINDICATOS asinado en xuño de 2004

LEI 2/2000, de creación do corpo de Axentes Facultativos Medioambientais

 

PROPOSTAS

PROPOSTA DE ESCALA DE AXENTES MEDIOAMBIENTAIS

SEMINARIOS DAS FISCALÍAS DE MEDIO AMBIENTE

PROPOSICIÓN NON DE LEI DO CONGRESO (Novembro de 2004)

 

RESUMO

Dende a Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia apostamos por un cambio no rumbo da política medioambiental que faga que Galicia se poida posicionar na primeira liña do Estado neste tema.

Afrontar os aspectos medioambientais dende unha visión moderna e eficaz supón plantexarse a posibilidade de dar unha resposta clara e contundente ante un aspecto que cada día preocupa a máis cidadáns como é o do medio ambiente.

A nosa proposta xira sobre a creación dun elemento que poida efectuar unhas actuacións, que en consonancia coa política deseñada polo novo goberno aseguren a efectividade das mesmas, así como ofrecer ó cidadán un elemento de referencia inequívoca cara o que se poidan dirixir en caso de ser necesario e onde poidan atopar solucións ós seus problemas ou ás súas inquedanzas e preocupacións.

Na actualidade atopamos que a dispersión de elementos administrativos, organismos, escalas e referencias son moi diversos, diluíndose en moitas ocasións as funcións e competencias resultando en efecto un campo de excesiva complexidade para o administrado.

Augas de Galicia, Gardacostas, Axentes Forestais, Vixiantes de recursos Naturais, Distritos Ambientais,etc., fan que as persoas moitas veces non teñan moi claro a onde deben chamar ou dirixirse para solventar as súas queixas ou consultas.

A integración de todos estes corpos nun só grupo coas correspondentes especialidades simplificaría moitas destas complicacións e melloraría administrativamente a eficiencia das actuacións así como un considerable aforro orzamentario sen que mermase a calidade dos medios e por tanto das prestacións.

 

Proposta da Asociación ós Grupos Parlamentarios

 

Outros documentos que se aportaron ós grupos parlamentarios foi a presente proposta que a continuación se transcribe, pola urxencia do momento no que nos atopamos, e seguindo en certo modo o modelo catalán, logo de varias reunións da Xunta Directiva da Asociación, proposta que, chegado o momento deberá ser refrendado en Asemblea Xeral ou Extraordinaria.

Preámbulo

Nos últimos tempos ten aumentado a concienciación cidadá e a dos diversos sectores no concernente á proteción do medio ambiente. Así mesmo, as normas nacionais e internacionais, incluso as de máis alto rango, fixéronse eco da necesidade de garantir un adecuado medio ambiente. Así, o artigo 45 da Constitución española recoñece este dereito ós cidadáns.

Un aspecto fundamental para garantir o dereito a un medio ambiente de calidade é a proteción da natureza, de maneira que dende as administracións públicas é preciso levar a cabo políticas de fomento da biodiversidade e de proteción dos entornos naturais para facer compatibles estes valores cos dereitos dos cidadáns a disfrutar dos mesmos.

A defensa da natureza ten unha importancia primordial en Galicia, dado que no noso territorio existe unha gran cantidade de elementos que contribúen á biodiversidade.

Neste marco, son moi importantes as funcións de vixilancia, colaboración na xestión, control e concienciación cidadá que leva a cabo a Administración por medio dos seus axentes. No noso ámbito poderíase crear o corpo de axentes medioambientais, coa vontade de configurar unha estrutura administrativa que permitira dar resposta de forma apropiada ó reto que plantexa ós poderes públicos a necesidade de garantir unha adecuada proteción da natureza.

O actual corpo de Axentes forestais enlaza coa Gardería Forestal do Estado, traspasada xunto coas competencias á comunidade galega a través dos Reais Decretos 167/1981, 3318/1982 e 1535/1984.

No momento actual hai que profundizar na experiencia acadada para dotar ó corpo de axentes forestais dunha nova regulación que configure un réxime de vixilancia, de eficaz colaboración na xestión, de control e inspeción do medio natural, fundamentado nos principios de corresponsabilización, sostenibilidade e educación ambiental de tódolos cidadáns.

Igualmente, coa presente proposta fíxanse uns principios que supoñen un compromiso fronte á sociedade para que a actuación do corpo de axentes medioambientais se leve a cabo baixo o criterio de acadar o máximo nivel de calidade e eficiencia no exercicio das funcións que teña encomendadas.

A presente proposta dota ó corpo de axentes medioambientais dunha estrutura administrativa e garante a existencia de áreas de especialización e a posibilidade de seguir a carreira profesional. Con dita regulación preténdese aplicar ó corpo de axentes medioambientais ás novas tendencias en materia de función pública que deben reverter nun nivel máis elevado de profesionalización e satisfación dos seus membros, no exercicio da súa función.

 

1. Obxecto da proposta

A presente proposta ten por obxecto a regulación do corpo de axentes medioambientais e a ordenación das súas atividades de inspeción administrativa e de determinadas atividades de colaboración na xestión que se levan a cabo no medio natural no ámbito das competencias de Galicia.

2. Finalidades da proposta

A presente proposta ten as seguintes finalidades:

a) Favorecer un alto nivel de proteción do medio natural e preservalo de actuacións que poidan ser lesivas para os seus valores.

b) Aplicar e executar as políticas de fomento da produción forestal, mellora xenética e de asesoramento ó cidadán en materia forestal.

c) Coordinar, dirixir e executar a planificación de medidas de prevención e extinción de lumes forestais.

d) Configurar un réxime de vixilancia, colaboración na xestión, control e inspeción no medio natural que sexa eficaz e se fundamente nos principios de corresponsabilización, sostenibilidade e educación ambiental dos cidadáns.

e) Contribuir á aplicación da normativa ambiental, mediante actuacións de asesoramento e concienciación cidadá, impulsar conductas respectuosas co medio natural, previr as infraccións e formular as correspondentes denuncias.

3. O Corpo de Axentes Medioambientais

1. As actuacións que establece a presente proposta deben ser efectuadas polo corpo de axentes medioambientais, do que o mando e direción superior corresponden ó Conselleiro ou Conselleira do departamento ó cal está adscrito.

2. O corpo de axentes medioambientais configúrase como un corpo de xestión, vixilancia e control, de proteción e prevención integrais do medio ambiente e de policía administrativa especial, nas materias a que se refire o artigo 5.1. O
corpo de axentes medioambientais réxese polo disposto pola presente proposta, polas normas que a desenvolvan e polo resto de disposicións de dereito administrativo de aplicación, sen prexuízo das funcións de investigación que poidan corresponderlle, de acordo coa lexislación vixente.

3. Os membros do corpo de axentes medioambientais están suxeitos á normativa básica do Estado e á lexislación sobre función pública de Galicia.

4. Os membros do corpo de axentes medioambientais teñen a condición de axentes da autoridade no exercicio das súas funcións e ós efectos establecidos legalmente.

4. Principios de actuación

1. As actuacións dos membros do corpo de axentes medioambientais deben axustarse en todo momento ós principios de lealdade á Constitución, ó Estatuto de autonomía e ás normas que regulan os dereitos fundamentais e as liberdades públicas de eficacia e celeridade, inmediatez, coordinación, planificación, proporcionalidade, xerarquía e subordinación.

2. O corpo de axentes medioambientais colaborará cos corpos e forzas de seguridade que teñan encomendadas as funcións de policía ordinaria e integral no territorio no cal teñan competencias, de conformidade co establecido pola lexislación vixente.

3. Os membros do corpo de axentes medioambientais son responsables persoal e directamente dos actos que leven a cabo na súa actuación profesional que infrinxan ou vulneren as normas legais, as normas regulamentarias e os principios enunciados polo apartado 1, sen prexuízo da responsabilidade patrimonial que poida corresponder ás administracións públicas.>

4. Considerase que os membros do corpo de axentes medioambientais están no exercicio das súas funcións cando, aínda estando libres de servicio, interveñen en calquera tipo de actuación relacionada coas funcións que lles corresponden, sempre e cando acrediten previamente a súa condición de membros do Corpo.

 

Capítulo II
Funcións do corpo de axentes medioambientais

5. Funcións de vixilancia, inspeción e colaboración na xestión medioambiental

1. En aplicación da vixente lexislación sobre medio ambiente e no marco das atribucións do departamento competente na materia, corresponde ó corpo de axentes medioambientais efectuar a vixilancia, inspeción e colaboración na xestión nas seguintes materias:

a) Os espazos naturais protexidos, tanto terrestres como marítimos; as reservas de caza e pesca e calquera outro espazo natural con medidas de preservación da flora e fauna protexidas, así como a loita contra as prácticas furtivas.

b) Os traballos de prevención, vixilancia, deteción, extinción e investigación de incendios forestais.

c) O patrimonio forestal, os montes declarados de utilidade pública, os camiños gandeiros e a flora e fauna silvestres.

d) Os recursos forestais, cinexéticos, piscícolas e mariños protexidos.

e) A proteción dos animais.

f) As atividades extractivas, os impactos ambientais e o acceso ó medio natural.

g) O control dos establecementos e actividades de explotación dos recursos mariños desde a súa produción ata a súa comercialización e transporte ata o seu consumo final. Igualmente, todas aquelas actuacións dirixidas ó control dos establecementos e actividades que poidan afectar, no seu desenvolvemento, o medio mariño, así como as actuacións que contribúan ó cumprimento da normativa vixente en materia de seguridade marítima que hai que desenvolver na explotación dos recursos mariños.

h) As actuacións dirixidas a adoptar medidas de preservación do medio mariño e dos seus recursos, evitando as agresións a el, así como as actuacións de salvamento e loita contra a contaminación mariña, dirixidas a auxiliar e protexe-las persoas, os bens e o medio mariño e asegura-la conservación do medio mariño no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Calquera outra atividade que poida encomendárselles por regulamento no ámbito do seguimento e cumprimento da lexislación sobre medio ambiente.

2. En colaboración cos organismos competentes en augas e residuos do departamento responsable en materia de medio ambiente, o corpo de axentes medioambientais pode participar na xestión, a vixilancia e a inspeción no concernente a ditas materias, cando afecten ó medio natural.

3. O corpo de axentes medioambientais pode participar na xestión, vixilancia e inspeción en materia de medio ambiente en colaboración con outros organismos de Galicia competentes na materia.

4. O corpo de axentes medioambientais participa nos plans de proteción civil, de conformidade coas previsións que estes conteñen.

5. O corpo de axentes medioambientais actúa en todo o territorio de Galicia. En supostos excepcionais, si a natureza do servizo o require e en virtude dos principios de auxilio e cooperación, a petición da autoridade competente, os seus membros poden actuar fora do territorio de Galicia.

6. O corpo de axentes medioambientais debe colaborar cos diversos servizos do departamento competente en materia de medio ambiente, especialmente cos servizos técnicos de xestión forestal e fauna, en función de los protocolos que poidan establecerse.

6. Funcións de investigación

1. Corresponde ó corpo de axentes medioambientais investigar as infracións que se cometan nas materias a que se refire o artigo 5.1, coa finalidade de averiguar o seu alcance, as súas causas e os seus presuntos autores.

2. Nas materias a que se refire o artigo 5.2, las funcións de investigación das infracións administrativas deben levarse a cabo en colaboración cos organismos do departamento competente en materia de medio ambient
e ós cales corresponda.

7. Funcións de información e asesoramento ós cidadáns

Os membros do corpo de axentes medioambientais teñen funcións de información e asesoramento ós cidadáns co gallo de que mostren conductas respectuosas co medio ambiente. Así mesmo, como corpo especializado na xestión do medio natural, os membros do corpo de axentes medioambientais teñen funcións de asesoramento, nas materias da súa competencia, dos titulares de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais, co obxectivo de que os aspectos relacionados co medio natural sexan correctamente xestionados.

 

Capítulo III
Estrutura

8. Funcións do departamento ó cal estaría adscrito o corpo de axentes medioambientais

1. Corresponden ó Conselleiro ou Conselleira do departamento ó cal estivera adscrito o corpo de axentes medioambientais o mando e a direción superior do corpo, en virtude dos cales o departamento exerce as seguintes funcións:

a) A alta direción, a organización, a coordinación e a inspeción dos servizos.

b) A planificación xeral e o seguimento e control da súa execución.

c) A aplicación e supervisión do réxime estatutario dos funcionarios do corpo de axentes medioambientais, exceptuando as potestades que corresponden ó Goberno ou as que están atribuídas a outros órganos en virtude das disposicións da presente proposta e do resto do ordenamento xurídico.

d) As demáis funcións outorgadas pola presente proposta e polo resto do ordenamento xurídico.

2. O exercicio das funcións a que se refire o apartado 1, especialmente a estrutura e a competencia dos órganos de mando e de direción superior do corpo de axentes medioambientais, corresponde ós órganos do departamento ós cales está adscrito que se determinen por regulamento.

3. Poden crearse por regulamento os órganos e servizos necesarios para o desenvolvemento e mellora das tarefas encomendadas ó corpo de axentes medioambientais.

9. Estrutura do corpo de axentes medioambientais

1. Os membros do corpo de axentes medioambientais son funcionarios de carreira de Galicia e réxense polo establecido pola presente proposta, polas normas que a desenvolven e pola normativa en materia de función pública de Galicia.

2. O corpo de axentes medioambientais estructúrase nunha liña xerárquica, segundo as seguintes escalas e categorías:

a) Escala superior, que comprende a categoría de inspector ou inspectora.

b) Escala executiva, que comprende a categoría de subinspector ou subinspectora.

c) Escala básica, que comprende as categorías de oficial u oficiala, axente maior e axente.

d) Escala auxiliar, que comprende a categoría de axente auxiliar.

10. Funcións das escalas do corpo de axentes medioambientais

1. As funcións que corresponden preferentemente ás distintas escalas do corpo de axentes medioambientais son as seguintes:

a) Á escala superior, a direción e coordinación da actuación e funcionamento das unidades e servizos de nivel superior adscritos ó corpo de axentes medioambientais.

b) Á escala executiva, a direción, coordinación, control e inspeción das unidades nos ámbitos territoriais ou funcionais asignados.

c) No que concirne á escala básica, corresponden ás oficiais a coordinación, control e inspeción dos axentes que teñen ó seu cargo, nos ámbitos territoriais ou funcionais asignados. Corresponde ás axentes maiores, ademáis de cumplir as tarefas de execución básicas, dirixir as actuacións que poidan serlles asignadas en función da súa preparación e especialización, así como cumplir as tarefas nas que a súa complexidade requira máis experiencia e capacitación técnica. Corresponden ós axentes as tarefas de execución definidas polo capítulo II da proposta que, pola súa complexidade, requiren máis experiencia e capacitación técnica.

d) En canto á escala auxiliar, corresponden ós axentes auxiliares as tarefas de execución definidas polo capítulo II.

2. Sen prexuízo do establecido polo apartado 1, os membros do corpo de axentes medioambientais deben cumplir as tarefas necesarias para a execución dos servizos que teñen encomendados.

11. Especialización

1. O corpo de axentes medioambientais, aparte das que se determinen por regulamento, ten as seguintes áreas de especialización:

a) Área de prevención e investigación de incendios forestais.

b) Área de fauna protexida, caza e pesca.

c) Área de espazos naturais protexidos e biodiversidade.

d) Área de recursos forestais.

e) Área de costas.

2. Os membros do corpo de axentes medioambientais deben desempeñar as funcións básicas da categoría á cal están adscritos, independentemente dos coñecementos especializados que poidan ter.

3. A Unidade de Formación do corpo de axentes medioambientais debe velar pola programación e organización da formación continua dos membros do corpo, en colaboración cos organismos competentes
en materia de formación e reciclaxe dos funcionarios públicos.

4. Deben establecerse por regulamento os requisitos, procedementos de seleción, condicións de acceso e permanencia en cada área, a formación dos axentes aspirantes a acceder ás áreas de especialización, así como o contido de cada área, as funcións que ten asignadas e a súa organización interna.

 

Capítulo IV
Acceso e promoción

12. Requisitos xerais de acceso

1. Para acceder ás distintas escalas e categorías do corpo de axentes medioambientais hai que cumplir os requisitos establecidos pola presente proposta e pola lexislación xeral de Galicia en materia de función pública, así como ter a titulación esixida, de acordo coa seguinte gradación:

a) Escala superior, titulación correspondente ó grupo A.

b) Escala executiva, titulación correspondente ó grupo B.

c) Escala básica, titulación correspondente ó grupo C e en concreto o título de Técnico Superior en Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos ou da titulación de Técnico Especialista equivalente.

d) Escala auxiliar, titulación correspondente ó grupo D e en concreto o título de Capataz Forestal ou Técnico Especialista en Traballos Forestais e de Conservación do Medio Natural ou da titulación de Técnico Especialista equivalente.

2. Corresponde ó Conselleiro ou Conselleira competente en materia de función pública, efectuar as convocatorias de acceso ás distintas categorías do corpo de axentes medioambientais. As bases de cada convocatoria deben establecer os requisitos e condicións específicos para o ingreso en cada unha das escalas e categorías do corpo.

3. Nas convocatorias de acceso ás escalas superior, executiva e básica, en quenda de promoción interna, os membros do corpo de axentes medioambientais poden acollerse á dispensa de titulación, de acordo co disposto neste sentido polos apartados 15 e 16.

4. Os membros do corpo de axentes medioambientais que se acollan ó disposto polo apartado 4 e que superen o correspondente proceso selectivo non poden acollerse de novo á dispensa de titulación para cambiar de escala.

13. Principios xerais de seleción

1. Os sistemas de seleción dos funcionarios do corpo de axentes medioambientais deben garantir o cumplimento dos principios de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade do proceso selectivo.

2. As probas selectivas para o acceso a cada unha das categorías do corpo de axentes medioambientais son de carácter teórico e práctico. Neste sentido, deben incluírse probas de capacidade física, médicas, psicotécnicas e de coñecemento, e, en xeral, outros instrumentos que axuden a determinar de forma obxectiva a idoneidade das persoas aspirantes en relación cos postos de traballo.

3. Non obstante o disposto polo apartado 2, unha vez superado o curso selectivo pola persoa aspirante, en caso de que a causa de exclusión médica sexa consecuencia de lesións sufridas no exercicio das súas funcións como funcionario ou funcionaria en prácticas, o órgano ó cal corresponda pode propoñer o seu nomeamento como funcionario ou funcionaria de carreira ó órgano competente e debe asignárselle un posto de traballo adecuado ás súas capacidades.

14. Requisitos específicos de acceso

1. Para ingresar no corpo de axentes medioambientais deben cumplirse, ademáis das condicións xerais de acceso á función pública de Galicia, os seguintes requisitos:

a) Ter a titulación esixida.

b) Ter unha idade comprendida entre o mínimo e o máximo que se fixe por regulamento ou que se indique na convocatoria.

c) Ter o permiso de condución de vehículos da clase B.

d) Cumplir as condicións esixidas pola lexislación vixente para a obtención do permiso de uso de armas de fogo.

2. O acceso á categoría de axente auxiliar efectúase polo sistema de concurso-oposición e require a superación dun curso selectivo e dun período de prácticas de seis meses de duración. Os períodos de prácticas cúmplense nos servizos e demarcacións territoriais que, en función da súa atividade, sexan os máis adecuados para procurar a formación integral das persoas aspirantes e o particular coñecemento da estrutura e funcionamento das tarefas asignadas corpo de axentes medioambientais, ademáis de garantir o coñ;ecemento do territorio e das tarefas propias do ámbito rural.

3. Quedan exentas da realización do período de prácticas as persoas que teñan prestado servizo en postos de traballo da categoría de axente auxiliar durante un mínimo de seis meses, sempre que obtiveran unha avaliación positiva.

4. Durante o curso selectivo e o período de prácticas, os aspirantes a axentes medioambientais teñen a consideración de funcionarios en prácticas ós efectos económicos e de afiliación e cotización á Seguridade Social. O nomeamento como funcionarios de carreira unicamente pode efectuarse unha vez superados o curso selectivo e o período de prácticas. Prohíbense a tenza e o uso de armas de fogo ós funcionarios en prácticas.

5. O non superar o curso selectivo ou o período de prácticas comporta a exclusión automática da persoa aspirante do proceso selectivo e a perda de todos os seus dereitos e expectativas no que concirne ó seu nomeamento. Corresponde a adopción da resolución procedente ó órgano competente para efectuar o nomeamento, que non da dereito, en ningún caso, a indemnización.

15. Acceso ás categorías de inspector ou inspectora e subinspector ou subinspectora

1. O acceso ás categorías de inspector ou inspectora e subinspector ou subinspectora, efectúase mediante os sistemas de concurso-oposición en quenda libre e en quenda de promoción interna.

2. Dentro dos límites fixados pola normativa reguladora da función pública de Galicia, cada convocatoria reservará o número de plazas ás cales poden acceder por promoci&ón interna os membros do corpo de axentes medioambientais que acrediten un mínimo de dous anos de servizo activo na escala inmediatamente inferior e non fosen sancionados por falta grave ou moi grave, a menos que teñan obtido a cancelación da sanción imposta, sempre que cumplan os requisitos esixidos na convocatoria e que superen un curso selectivo organizado pola Escola Galega de Administración Pública. Poden participar nesta promoción interna os membros do corpo de axentes medioambientais que, sen ter a titulación esixida para ingresar nas escalas superiores, teñan a titulación inmediatamente inferior e cumplan o resto de requisitos establecidos.

3. O acceso por promoción interna ás escalas superiores do corpo de axentes medioambientais require a superación das mesmas probas que as establecidas para o ingreso por quenda libre. Non obstante, os membros do corpo que participan no quenda de promoción interna poden ser eximidos das probas destinadas á acreditación dos coñecementos esixidos para acceder á escala de procedencia.

4. As persoas aspirantes a acceder ás categorías a que se refire o apartado 1 que non son membros do corpo de axentes medioambientais deben superar unha fase de proba na cal se evalúa a súa aptitude profesional e a súa idoneidade para o correcto exercicio das funcións encomendadas.

16. Acceso á categoría de axente, axente maior e oficial u oficiala

O acceso á categoría de axente, axente maior e oficial u oficiala realízase por promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición entre os membros do corpo de axentes medioambientais que teñan unha antigüidade de dous anos de servizo activo na categoría inmediatamente inferior e que superen o correspondente curso selectivo de formación, organizado pola Escola Galega de Administración Pública, que teñan a titulación adecuada; os que teñan unha antigüidade de dez anos na escala auxiliar do corpo e que superen un curso de formación, ou os que teñan unha antigüidade de cinco anos na mencionada escala e que superen un curso de formacióncomplementario.

17. Cargos de mando

A provisin de postos de mando do corpo de axentes medioambientais efectúase por concurso de méritos e capacidades entre os membros das distintas escalas do corpo, salvo a plaza de inspector ou inspectora que desempeña as funcións máximas de mando, que é de libre designación de entre osfuncionarios da escala superior do corpo.

 

Capítulo V
Dereitos e deberes

18. Principios xerais

1. Os membros do corpo de axentes medioambientais teñen os dereitos e deberes que lles corresponden como funcionarios da Administración de Galicia, de conformidade coa lexislación xeral de Galicia en materia de función pública.

2. Os membros do corpo de axentes medioambientais teñen a obriga de actuar de conformidade cos principios que proclama a presente proposta.>

3. Os órganos competentes da Administración de Galicia deben protexer ós membros do corpo de axentes medioambientais no exercicio das súas funcións, deben velar pola súa aptitude física e profesional e deben proporcionarlles os medios e instalacións necesarios para unha adecuada prestación do servizo, en condicións de seguridade e eficacia e de máxima proximidade ós cidadáns.

4. Os membros do corpo de axentes medioambientais están sometidos ó réxime xeral de incompatibilidades dos funcionarios de Galicia.

19. Principios xerais

1. O corpo de axentes medioambientais, atendendo ás súas peculiaridades profesionais, ten un comité de seguridade e saúde propio, cuias funcións e composición deben establecerse po regulamento.

2. Os membros do corpo de axentes medioambientais teñen dereito a unha revisión médicaanual, na cal é preciso ter en conta a especialidade e a problemática das condicións de traballo do colectivo.

20. Uniforme e distintivo

1. Os membros do corpo de axentes medioambientais que están de servizo deben vestir o uniforme regulamentario en condiciones correctas. Excepcionalmente e en casos xustificados, cando así se autorice individualmente de forma expresa, poden exercer as súas funcións sen uniforme.

2. Os membros do corpo de axentes medioambientais deben ter a documentación que acredite a súa condición e, en acto de servizo, han de poder acreditar a súa identidade profesional, a iniciativa propia ou a requirimento das persoas interesadas.

3. O uniforme, os distintivos e a documentación acreditativa dos membros do corpo de axentes medioambientais deben establecerse por regulamento.

21. Licenzas e permisos

1. O réxime de licenzas e permisos, a duración e distribución da xornada laboral, e réxime de descanso, os horarios, os días festivos e as vacacións dos membros do corpo de axentes medioambientais deben determinarse por vía regulamentaria, de conformidade cos acordos adoptados en negociacións.

2. En supostos excepcionais, os membros do corpo de axentes medioambientais poden ser requiridos para efectuar un servizo fora da súa xornada laboral. Tamén en supostos excepcionais, pode impoñérselles a obriga de seguir prestando servizo nas dependencias do corpo ou quedar en situacin de dispoñibilidade.

2
2. Seguridade Social

Os membros do corpo de axentes medioambientais están inscritos no réxime xeral da Seguridade Social, sen prexuízo dos que están incluídos no réxime de clases pasivas do Estado.

23. Seguros

Os membros do corpo de axentes medioambientais teñen dereito a un seguro para cubrir o risco de morte ou de invalidez total ou parcial por causa de accidente no exercicio da súa profesión.

24. Dereitos sindicais

Os membros do corpo de axentes medioambientais teñen os dereitos e liberdades sindicais de conformidade coas disposicións do artigo 28 da Constitución e a Lei orgánica 11/1985, de 2 de agosto, de liberdade sindical.

25. Asistencia xurídica

A Administración de Galicia debe garantir a defensa xurídica necesaria dos membros do corpo de axentes medioambientais nas causas xudiciais que se sigan contra estes como consecuencia de actuacións levadas a cabo no exercicio das súas funcións.

26. Xubilación

A xubilación forzosa dos funcionarios do corpo de axentes medioambientais prodúcese de oficio, ó cumplir os sesenta e cinco anos.

 

Capítulo VI
Segunda atividade

27. Supostos

1. Os membros do corpo de axentes medioambientais que, segundo dictame médico, teñan diminuídas as facultades psíquicas ou físicas necesarias para o exercicio das súas funcións básicas poden ser relevados das funcións operativas, pasar a exercer a segunda actividade e prestar servizo nos postos de traballo que previamente teñan sido determinados na relación de postos de traballo.

2. Deben establecerse por regulamento o procedemento de declaración de paso á segunda atividade, o cadro de diminucións que determina esta situación e as retribucións que os membros do corpo de axentes medioambientais deben percibir cando lles sexa asignado o posto de traballo que se determine como de segunda actividade. No suposto de que as retribucións totais foran inferiores ás que cobraban no momento do seu paso á segunda atividade, deben recibir un complemento persoal transitorio que iguale as retribucións coas que percibían anteriormente.

 

Capítulo VII
Réxime disciplinario

Principios xerais

O réxime disciplinario dos membros do corpo de axentes medioambientais réxese pola lexislación xeral de Galicia en materia de función pública e polas disposicións que a desenvolven, coas peculiaridades que contén este capítulo derivadas da especificidade das súas funcións.

29. Gradación das faltas

As faltas disciplinarias que poden cometer os membros do corpo de axentes

30. Faltas moi graves

Son faltas moi graves, ademáis das tipificadas pola lexislación xeral de Galicia en materia de función pública, as seguintes:

a) Incorrer en calquera tipo de conducta constitutiva dun delicto doloso que conleve aparellada unha pena privativa de liberdade.

b) Embriagarse ou consumir drogas tóxicas, estupefacientes ou sustancias psicotrópicas estando de servizo, e negarse, en situacións dunha evidente anormalidade física ou psíquica, ás pertinentes comprobacións médicas e técnicas.

c) Insubordinarse, individual ou colectivamente, ás autoridades ou superiores dos cales se dependa, e desobedecer ou incumplir as lexítimas ordes ou instrucións dadas por éstes.

d) Denegar o auxilio ou non intervir nos feitos ou circunstancias graves ou extraordinarios en que sexa obrigada ou necesaria a súa urxente actuación.

e) Adoptar unha actitude de falta de rendemento manifesta, reiterada e non xustificada, ou de desidia ou desinterese no cumprimento dos seus deberes, si constitúe unha conducta continuada ou ocasiona un grave prexuízo ós cidadáns ou á eficacia dos servizos.

f) Actuar con abuso de autoridade que conleve un prexuízo grave ós cidadáns, ós subordinados ou á Administracián; maltratar de forma grave, degradante ou vexatoria ás cidadáns, de palabra ou obra, e realizar calquera actuacián abusiva, arbitraria ou discriminatoria que implique violencia física, psíquica ou moral.

g) Falsificar, alterar, substraer, esconder ou destruir documentos do servizo baixo a propia custodia ou a de calquera outro membro do corpo de axentes medioambientais.

h) Perder as armas ou permitir a súa sustración por neglixencia inescusable.

i) Exhibir a arma regulamentaria, os distintivos ou credenciais do corpo de axentes medioambientais, facer valer a condición de axente da autoridade sen ningunha causa que o xustifique, ou efectuar un mal uso desta condición.

j) Solicitar ou recibir gratificacións pola prestación de calquera tipo de servizo.

k) Negarse a colaborar, de forma manifesta, con outros corpos de funcionarios, nos casos en que deba prestarse colaboracin
de conformidade coa lexislación vixente.

l) O incumplimento manifesto da Constitución, do Estatuto de Autonomía e do resto de disposicins que conforman o ordenamento xurídico, especialmente as disposicións sobre os dereitos fundamentais e as liberdades públicas.

31. Faltas graves

Son faltas graves, ademáis das tipificadas pola lexislación xeral de Galicia en materia de función pública, as seguintes:

a) Incorrer en actos e conductas que atenten contra a dignidade dos funcionarios, a imaxe do corpo de axentes medioambientais e o prestixio e a consideración debidos á Comunidade Autónoma de Galicia e ó resto de institucións públicas.

b) Incumplira obriga de dar conta á superioridade de calquera asunto que deba coñecer por razón do servizo.

c) Actuar con abuso de atribucións, en prexuízo dos cidadáns, sempre que o feito non constitúa unha falta moi grave.

d) Negarse a prestar servizo ou non comparecer para prestalo, estando libre de servizo, en caso de feitos ou circunstancias extraordinarios, si se ten recibido a orde neste sentido.

e) Perder as armas, distintivos ou credenciais do corpo de axentes medioambientais ou deixar que lles sexan sustraídos por neglixencia simple.

32. Faltas leves

Son faltas leves, ademáis das tipificadas pola lexislación xeral de Galicia en materia de función pública, as seguintes:

a) Mostrar descoido na presentación persoal.

b) Non presentarse co uniforme regulamentario, sen causa xustificada, nu posto de traballo.

c) Prescindir do conducto regulamentario ó formular calquera solicitude ou reclamación, agás no caso de urxencia ou de imposibilidade física de facelo.

d) Incumplir calquera das funcins asignadas, en caso de que dito incumpimento non estea tipificado como falta grave ou moi grave.

33. Responsabilidade das faltas

1. Os membros do corpo de axentes medioambientais que induzan a outros membros a cometer actos ou a adoptar conductas constitutivas de falta disciplinaria, así como os superiores que o toleren, incorren na mesma responsabilidade que puidera corresponderlles en caso de que foran os infractores.

2. Os membros do corpo de axentes medioambientais que encubran as faltas moi graves e graves consumadas incorren na mesma responsabilidade de quen as cometeu.

34. Procedemento disciplinario

1. A incoación dos expedientes disciplinarios e a imposición de sancións por faltas leves e graves corresponden á persoa titular do órgano do departamento ó cal está adscrito o corpo de axentes medioambientais.

2. A imposición de sancións por faltas moi graves corresponde ó Conselleiro ou Conselleira do departamento ó cal está adscrito o corpo de axentes medioambientais.

 

Disposicións adicionais

Primeira: Discriminación positiva a favor das mulleres

O departamento ó cal está adscrito o corpo de axentes medioambientais favorecerá o acceso das mulleres ó mesmo e fomentará a súa formación e promoción.

Segunda: Organización territorial e funcional

Debe determinarse por regulamento, no plazo dun ano, a organización territorial e funcional do corpo de axentes medioambientais, de conformidade cos principios de eficacia e adaptabilidade ó cumplimento das funcións que ten asignadas.

Terceira: Áreas de especialización

O Goberno, no plazo dun ano, debe aprobar un decreto relativo ás áreas de especializació;n a que se refire o apartado 11.

Cuarta: Uso de armas

Os funcionarios do corpo de axentes medioambientais, cando cumplan funcións que o requiran, poden levar a arma que por regulamento se determine. O uso das armas debe adecuarse á normativa vixente en materia de armamento. Estableceranse tamén por regulamento o réxime das medidas de control de armas, as normas para a súa administración e as medidas de seguridade necesarias.

 

Disposicións transitorias

Primeira: Escalas e categorías

1. Os membros do corpo de axentes medioambientais quedarían integrados nas escalas e categorías establecidas por la presente proposta, de acordo coas seguintes correspondencias:

a) Vixiantes de Recursos Naturais e Vixiantes de Augas de Galicia: escala auxiliar.

b) Ax
entes Forestais e do Servizo de Gardacostas: escala básica.

c) Escala executiva do Servizo de Gardacostas e persoal técnico do grupo B da Consellería de Medio Ambiente: escala executiva.

d) Escala técnica do Servizo de Gardacostas e persoal técnico do grupo A da Consellería de Medio Ambiente: escala técnica.

Segunda: Emerxencias

Elaborarase, revisarase e manterase actualizados os protocolos necesarios xuntamente cos departamentos competentes para que o corpo de axentes medioambientais poida atender os avisos telefónicos de emerxencias correspondentes a actuacións que lle son propias, coa finalidade de poder dar un servizo máis eficiente ós cidadáns.

Adxuntóuselles tamén o manifesto que se lle remitiu ós anteriores responsables da Consellería de Medio Ambiente, reflexando unha problemática que xa se arrastraba dos anteriores, e dos anteriores ós anteriores…{jcomments off}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies