Documento da convocatoria de folga
O documento coa convocatoria de folga foi presentado por rexistro.
A Plataforma Sindical de Axentes Forestais, nas reunións celebradas con datas 15 e 16 de xullo de 2008 acordou a declaración de folga indefinida nos seguintes termos:
A folga levarase a efecto a partir do día 10 de setembro de 2008.
A convocatoria abarca ao colectivo de Axentes Forestais e de Axentes Medioambientais da Xunta de Galicia.
Promóvese a presente declaración de folga por canto, ata a data, resultaron infructuosas os requirimentos realizados para chegar á renovación do Acordo asinado entre a Administración e sindicatos o 24 xuño de 2005 sobre condicións de traballo e carreira profesional do persoal da escala de Axentes Forestais.
O obxecto da folga consiste en acadar un compromiso escrito sobre a renegociación do mencionado acordo, a convocatoria do curso habilitante e do segundo proceso de integración do corpo de Axentes Forestais (grupo D) no corpo de Axentes Facultativos Medioambientais (grupo C) dentro do ano 2008, a ampliación do cadro de persoal axustado ás necesidades dos servizos a prestar, e a mellora dotacional de medios e ferramentas de traballo.
O Comité de Folga estará composto por:
- D. Alejandro Rodríguez Pazos (CCOO)
- D. Francisco Javier Sánchez Juíz (CCOO)
- D. José María Carlés Muñíz (CCOO)
- D. José Antonio Vázquez Rodríguez (CCOO)
- D. Rubén Pardo Cid (CSI-CSIF)
- D. Ramón Díaz Martínez (CSI-CSIF)
- D. Roberto González Ortega (CSI-CSIF)
- D. José Luis Espiñeira Lage (UGT)
- D. José Antonio Pérez Alvite (UGT)
- D. José González Aquino (UGT)
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2008
Asdo.: Os Membros do Comité de Folga
SRA. DIRECTORA XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS
SR. CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
SR. CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
SR. CONSELLEIRO DO MEDIO RURAL {jcomments off}