Dous técnicos de Fenosa, acusados de 14 lumes iniciados nos tendidos

O xuizo foi adiante grazas ó traballo dos compañeiros da BIIF

Un dos imputados, Gumersindo Rojo. Foto: Marcos Átrio.

Os xefes de mantemento dos tendidos eléctricos de Unión Fenosa na provincia de Ourense e o sur de Galicia, Gumersindo Rojo Míguez e Juan Ramón Guijarro Castro, respectivamente, sentaron onte no banco do Xulgado do Penal número 1 de Ourense para responder de 14 incendios forestais que, segundo argumentou o Ministerio Fiscal, foron provocados por descoido no mantemento dos tendidos eléctricos, isto é, por imprudencia dos inculpados.

Os técnicos non comparten a acusación e, a preguntas da fiscal, Juan Ramón Guijarro asegurou que o mantemento das liñas era supervisado por empresas alleas a Fenosa. ‘Os seus indicadores aseguran que os tendidos eléctricos de Ourense están entre os 10 mellores de España’, dixo.

Os 14 incendios rexistráronse entre os anos 2005 e 2007 en municipios das comarcas de Ourense, Celanova e Xinzo, afectando cada un dos lumes a superficies que van desde 5 até as 30 hectáreas de monte.

Os plans de mantemento dos tendidos eléctricos disponos Unión Fenosa tódolos anos. ‘As liñas de media e alta tensión revísanse cada tres anos e as de baixa tensión cada cinco’, explicou Gumersindo Rojo. Pero esta directriz, en caso de non rexistrarse unha avaría ou emerxencia, ‘porque entón acudimos de inmediato’, engadiu.

A fiscal puxo sobre a mesa as datas en que se realizaron os traballos de mantemento nas liñas que presuntamente provocaron os incendios. ‘É posible que meses despois de realizar os traballos aparecesen estes cables pelados e desgastados’, preguntou a fiscal a Gumersindo Rojo, á vez que lle mostraba varias fotografías do tendido que orixinou un lume en Nogueira de Ramuín. ‘É posible, porque a liña está á intemperie e puido recibir un golpe, caer unha árbore’, recalcou.

A fiscal mostroulle fotografías e informes de tendidos eléctricos nos que se rexistraron os 14 lumes, chegando mesmo a argumentar que un dos incendios, declarado o 17 de agosto de 2006 en Xinzo, os veciños levaban días advertindo a Fenosa das faíscas que soltaban dous cables do tendido debido aos rozamentos co vento por non estar suficientemente tensados. ‘Non tiñamos coñecemento desa incidencia, porque de telo acudiriamos de inmediato’, explicou Gumersindo Rojo.

A preguntas dos avogados defensores, aseguraron que era practicamente imposible que unha liña eléctrica de baixa tensión provoque un incendio porque ante calquera incidencia, por exemplo o rozamento de dous cables ou un deles contra a maleza, salta un sistema automático que corta o fluído eléctrico’, asegurou Juan Ramón Guijarro, recalcando que as anomalías das liñas eléctricas que aparecen nas fotografías achegadas ao longo dos informes da instrución puidesen ser causas polas chamas.

 

{xtypo_feed}A RexiónA Voz{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies