Encontro de Axentes Forestais / Axentes Medioambientais
DATA: 6 e 7 de abril
LUGAR: Albergue de As Corcerizas-Serra de San Mamede (Ourense)
“Axentes Forestais / Axentes Medioambientais na ENCRUCILLADA, situación actual e futuro do noso colectivo”.
Pretendemos neste encontro reflexionar e debater sobre a nosa situación profesional, de forma aberta e participativa sen atrancos que impidan os imprescindibles debates/propostas que busquen solucións ao atranco no que estamos sumidos hoxe en día, fuxindo de demagoxias ou posicionamentos negativos que tanto dano nos ten feito.
Consideramos que é preciso neste encontro elaborar un decálogo (propostas de mínimos) que nos sirva de referencia para comezar o camiño que dignifique e coloque a nosa profesión no lugar que lle corresponde como “PROFESIONAIS AO COIDADO DO PATRIMONIO NATURAL”.
Non podemos perder máis tempo, é preciso esixir ao Goberno da Xunta de Galicia que nos teña en conta, e que os Axentes Forestais / Axentes Medioambientais sexamos o que sempre fomos, un colectivo profesional imprescindible para a conservación da natureza.
Os organizadores destas dúas xornadas para axilizar e facer máis dinámico e participativo o encontro consideramos que se tes algunha proposta, resolución, idea…nola fagas chegar antes do día 4 de abril (a poder ser por escrito).
INFORMACIÓN:
http://ascorcerizas.com/central/100129wp/onde-estamos/localizacion/
Enderezo electrónico de contacto:
javimagdalena@gmail.com
Teléfonos de contacto:
Javier Magdalena: 619 028 495 – 608 420 551 (347714)
Manuel Currás: 666 509 606 – 608 416 793 (347711)
Se estás interesado necesitamos a confirmación o día 02 de abril tes as seguintes opcións e prezos:
OPCIÓN 1
Alimentación de agricultura ecolóxica local e comercio xusto (na medida do posible): xantar, cea e almorzo
Aloxamento: 1 noite
Persoal de xestión
Calefacción en todos os espazos
Uso e desfrute das instalacións
Seguro de responsabilidade civil e gastos de xestión
43 Euros
(máximo de 40 persoas)
OPCIÓN 2
Cea sábado 6 + Aloxamento+Almorzo domingo 7
30 Euros
(máximo de 40 persoas)
Saída ao Bidueiral de Montederramo
Gratuíta e pode asistir quen queira (familia, amigos…)
OPCIÓN 3
Xantar domingo 7
12 Euros
(só habería 10 prazas dispoñibles a maiores das 40 de aloxamento completo)
PROGRAMA
Para que os compañeiros/as que se despracen dende moi lonxe, creemos que a chegada ao Albergue As Corcerizas debería ser libre; motivo polo cal creemos que para familiarizarse coas instalacións, acomodarse… a hora de chegada non debería ser máis tarde das 14:00 horas do sábado 6 de abril.
O almorzo do día 6 corre por conta de cada un; sería unha boa toma de contacto que cada un trouxera algo para o xantar e o poderiamos compartir entre todos.
A partir de aquí propoñemos o seguinte horario:
DIA 6 – SÁBADO
16:00 Horas – Presentación do encontro e exposición de motivos.
16:15 Horas – Exposición – debate das propostas (isto é algo xenérico pero intentaremos darlle certa estrutura).
19:30 Horas –Remate na aula da exposición – debate coa presentación de conclusións.
21:00 Horas – Cea e velada forestal.
DIA 7 – DOMINGO
09:00 Horas – Almorzo.
10:00 Horas – Saída e visita ao “Bidueiral de Montederramo”.
14:00 Horas – Regreso ao Albergue e xantar.
17:00 Horas – Despedida.
{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}