Equipos de protección individual (E.P.I)

 

Qué é un equipo de protección individual (E.P.I)?

É calquera equipo destinado a ser levado ou suxeitado polo traballador para que lle protexa dun ou varios riscos que poidan ameazar a súa seguridade ou saúde no traballo, así como calquera complemento ou accesorio destinado a tal fin.

Qué debe cumplir?

As esixencias esenciais de saúde e seguridade aplicables ao deseño e á fabricación dos EPI defínense no Real Decreto 1407/1992 de 20 de novembro, polo que se regulan as condicións para a comercialización e libre circulación intracomunitaria dos equipos de protección individual (B.O.E nº. 311, de 28 de decembro de1992), posteriormente modificado polo Real Decreto 159/1995, de 3 de febreiro.

Coa colocación do marcado CE o fabricante declara que o EPI axústase ás esixencias indicadas nos citados Reais Decretos.

Si ademáis as siglas CE van seguidas dun número de catro díxitos significa que o equipo é de Categoría 3.

  • A Categoría 1 protexe de riscos mínimos.

Os equipos desta categoría levarán a márca CE de conformidade.

  • A Categoría 2 protexe de riscos de grao medio ou elevados

Os equipos desta categoría ademais da márca CE pasarán un exame CE de tipo e poderán
inspeccionarse por un Organismo Notificado.

  • A Categoría 3 protexe de riscos de consecuencias mortais ou irreversibles.

Os equipos desta categoría terán que cumprir:

  1. Exame CE de Tipo
  2. Mostraxes de calidade polo Organismo Notificado no prazo dun ano.
  3. Marca CE, ano de fabricación e número de Organismo Notificado que fixo o ensaio.

Co equipo débese fornecer un folleto informativo no que se referenciarán e explicarán claramente os niveis de protección ofrecidos polo equipo, o almacenamento, uso, limpeza, mantemento e, no seu caso, as substitucións necesarias, etc.

As esixencias mínimas relativas á elección e utilización dos EPI fíxanse na Directiva 89/656/CEE de 30 de novembro, transposta ao ordenamento español polo Real Decreto 773/1997, de 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipos de protección individual (B.O.E nº 140, de 12 de xuño de 1997).

 

Tipos de equipos de protección individual

 

EPI para a loita contra incendios forestais

Os bombeiros forestais que participan na extinción dos incendios forestais están sometidos a numerosos riscos. Para minimizalos disponse de: Chaqueta e pantalón ignífugo, botas e luvas de extinción, máscara, lentes, casco, cubrenucas ignífugo e outros complementos.

Para minimizar os devanditos riscos disponse de:

 

Chaqueta e pantalón ignífugo

É unha peza de vestir de protección persoal, elaborada en tecido ininflamable. Cubre o pescozo, busto, os brazos até as bonecas, pernas e nocellos. A súa utilización é para os traballos de campo na loita contra os incendios forestais e especialmente durante as operacións de ataque e extinción.

De acordo co Real Decreto 1.407/1.992 o traxe é un E.P.I de Categoría 2 segundo o correspondente Certificado CE expedido por un Organismo Notificado.

Ademáis cumpre a Norma ISO 15.384-2.003 “Pezas de protección para bombeiros forestais e actividades asociadas”.

O tecido está confeccionado en tecido Poliamida-imida e viscosa ignífuga® ao 50%.

É ignífugo de forma natural (non desaparece co lavado), é lixeiro, confortable, ergonómico, de alta visibilidade, con moitos petos, con reforzos. Transpira e evacua a calor corporal á intemperie e con calores intensas, seca rapidamente e non dá sensación de suor fría. Protexe contra o arco eléctrico (antiestática), fronte á chama, desgarro, tracción e abrasión.

Ten solidez nas cores, non forma peeling co tempo e posúe o Certificado Ecotex o cal indica que está libre de sustancias nocivas.

 

Botas de extinción

É un calzado forte de protección persoal, elaborado en coiro, con sola resistente ao rozamento e a altas temperaturas, provisto de media cana.

Forma parte do equipo de protección persoal durante o manexo de ferramentas, e en todos os labores de campo e extinción para facilitar o desprazamento por zonas agrestes, con gran cantidade de maleza, terreos soltos e por chans requentados.
Dado que son utilizadas en duras condicións de traballo cumpre cos requisitos de robustez, flexibilidade, lixeireza e facilidade de conservación e mantemento.

De acordo co Real Decreto 1.407/1.992 a bota é un E.P.I de Categoría 3 segundo o correspondente Certificado CE expedido por un Organismo Notificado.

Como requisito adicional de resistencia ao lume cumpre co apartado 7º da EN 345-2/1.996: FPA (actualmente NISO 20.345:2.004)

A bota é en pel flor, resistente á auga, con acolchado interior.

Ten membrana impermeable e transpirable. Punteira e talón de tecido sintético moldeable termicamente. Os seus fíos e cordóns son ignífugos, con ganchos de fixación para un óptimo atado dos cordóns.

A sola é de goma de nitrilo de dobre densidade. Resistente ao contacto coa calor (proba a 300ºC), illante respecto da calor (proba a 250ºC) e illante respecto do frío (proba -20ºC). É antiestática, autolimpable, con absorción de enerxía no talón e punteira e resistente a deslizamientos lateral e lonxitudinalmente.

Posúe tamén sola intermedia nun material téxtil antipunzamento (non metálica) e persoal anatómico e transpirable.

 

Luvas de extinción

É unha peza de protección persoal destinada a cubrir as mans e polo menos un terzo do antebrazo contra queimaduras, erosións e arañazos producidos por caídas, manexo de ferramentas ou por silveiras e matogueiras punzantes durante os traballos de campo e extinción e para manexo de produtos retardantes.

De acordo co Real Decreto 1.407/1.992 as luvas son un E.P.I de Categoría 3 segundo a norma UNE-EN-659-1996 e de Categoría 2 segundo a EN-659-2.003.

É de uso especial para bombeiros forestais. Fabricado en coiro flor vacún hidrofugado forrado con tecido ignífugo. Ten unha tira de nudillos reforzada, elástico de aprete na boneca, reforzo cubreveas en coiro do mesmo material. Ten tamén manguito forrado con tecido ignífugo. Peche velcro con tira de coiro. Cosido en f

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies