Escrito contra a adscrición ó Servizo de Incendios
Consellería do Medio Rural
Secretaría Xeral Técnica
Secretario Xeral Técnico de Medio Rural
O Axente facultativo medioambiental …………………………………………… con credencial profesional nº. XXXX e destino en ……………….., Servizo de Conservación da Natureza da Comarca …………………………………………………., do Distrito XXX.
En referencia “á adscrición de axentes pola actual situación de alto risco de incendios” teño a ben COMUNICARLLE o que segue:
- Na citada, onde di “Que a partir das 00:00 horas do 18 de outubro de 2011, excepcionalmente e mentres perdure a situación de alto risco actual queden adscritos funcionalmente aos servizos de prevención e extinción de incendios cun réxime de gardas de 12 horas continuadas de presenza física, os axentes forestais e os axentes facultativos medioambientais dependentes da Consellería do Medio Rural que no seu caso determine a Dirección Xeral de Montes”, de data de 17/10/2011, e a continuación se enumeran os elixidos. Non se fai referencia algunha a ningún texto legal que implique a obriga que se pretende.
- Por outra banda Sr. Secretario, a referida é igual de ilegal que o resto das adscricións que vimos sufrindo os axentes de Conservación da Natureza seleccionados para tal cometido dende o ano 2006 nas épocas de máximo risco. Chámese adscrición temporal, funcional ou como queira inventarse, non estando tipificada en ningunha normativa legal ten carácter de ilegal. Dado que a Consellería opera con tal desprezo á legalidade vixente, a obriga que se pretende é ilegal.
- Doutro xeito, debido á constancia no tempo obrigando selectivamente os mesmos estamos ante un caso claro de “mobbing” laboral. Un acoso, dirixido cara un grupo de funcionarios, ós que se obriga “por abuso de poder”; fronte a outros que non están obrigados pola “adscrición”. Todos pertencentes á/s mesma/s Escala/s de Axentes coas mesmas retribucións extraordinarias.
- Ademais, as actuais Relacións de postos de traballo marcan unha clara vantaxe a favor da Dirección Xeral de Montes (3 a 1, teoricamente). Quizais non sexa falla de número senón distribución do mesmo. En unha situación de clara excepcionalidade; todos, pero “todos”, a cada quen cando lle toque. Unha participación ordenada e obrigatoria, segundo os cadrantes e horarios establecidos.
- Polos servizos que cobramos “todos” os miserables 240€/mes de prestación efectiva no período extraordinario (un máximo de 4 meses ó ano). Por isto, deberiamos estar todos obrigados do mesmo xeito. E os que traballan en patrulla “os dous”, que a bo seguro que fai falla mais vixilancia en determinadas zonas i épocas de alto risco e inminente perigo.
- Lembrarlle, que non están os ríos con moita mellor saúde que os montes. O nivel de auga que teñen permitiría éxitos impensables de cara ó furtivismo. Estes actos que non alarman a opinión pública porque non se ven, tamén se sofren en anos vindeiros.
- Tamén insistir nas previsións meteorolóxicas para o outono e entrado o inverno.
Polo exposto, Sr. Secretario Xeral
E tendo en conta a Exposición de motivos do Estatuto Básico do Empregado Público Lei 7/2007, de onde se extrae que o sistema de emprego público que permite afrontar os retos que de el se esperan, é aquel que fai posible atraer ós profesionais que a Admón. necesita, que estimula ós empregados para un cumprimento eficiente das súas funcións e responsabilidades, que lles proporciona a formación axeitada e lle brinda as necesarias oportunidades de promoción profesional, ó tempo que facilita unha xestión racional e obxectiva, áxil e flexible do persoal.
Solicito:
Que tendo por presentada esta queixa e analizadas as consideracións expostas, emita a correspondente anulación da citada adscrición. E unha vez cumpridos os requisitos legais en canto a persoal se refire, tramítese a nova orde de incorporación si é necesario.
Galiza, 21 de outubro de 2011
{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}