Escrito da Plataforma Sindical (07-05-07)
 
 
 

O escrito foi remitido a través de rexistro e logo por fax ós conselleiros de Presidencia, Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e Medio Rural, ós secretarios xerais de Medio Rural e Medio Ambiente e á Directora Xeral da Función Pública (logo dirán que non avisamos).

 

As organizacións que constitúen a Plataforma Sindical de Axentes Forestais de Galicia (formada polos sindicatos CC.OO., CSI-CSIF e UGT), e mailas organizacións CIG e a Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia (APRAFOGA), consideramos que o diálogo e as negociacións son a mellor maneira de buscar solucións ós problemas existentes.

 

A pesares desta disposición ó diálogo así como do concreto reflexo para co mesmo recollida no Acordo asinado en xuño de 2004 para o colectivo de Axentes Forestais e que se debía poñer en práctica a través da Mesa de Seguimento do propio Acordo, os pasos levados a cabo por parte das Consellarías de Medio Ambiente e Medio Rural para que esta Mesa de Seguimento tivese reunións nas que prantexar a problemática específica deste corpo e as concrecións que sobre o mesmo afectan a moitos aspectos laborais e profesionais dos Axentes Forestais non acadan o nivel nin os tempos que as organizacións asinantes consideramos axeitadas. Así, o diálogo queda nun recurrente empeño dos representantes sociais exclusivamente, pois de cada vez que a citada e pactada Mesa de Seguimento chega a reunirse é debido á insistencia destas organizacións nas súas convocatorias. Esta insistencia tivo a súa penúltima petición co escrito presentado no Rexistro Único do Edificio Administrativo de Monelos (A Coruña) o día 5 de xaneiro deste mesmo ano e que foi dirixido ós Conselleiros e mailos Secretarios Xerais das Consellerías de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e á de Medio Rural, escritos nos que se solicitaba un chamamento á Mesa de Seguimento antes nomeada e para tratar os temas que abaixo se puntualizan. A pesares de ter transcorrido máis de CATRO MESES SEN OBTER NIN SEQUERA UNHA RESPOSTA, creemos que o tratamento que se está a ofrecer por parte destas dúas Consellerías para co colectivo de Axentes Forestais e sobre todo coas organizacións legalmente representantes do mesmo non son máis que desprezos e ignonimia, e que xunto con actos levados a cabo por algunha destas Consellerías como a adquisición de vehículos sen a debida consulta coa Mesa de Seguimento ou nin tan sequera co Comité de Seguridade e Saúde, ou as últimas intencións de dotar de uniformes de novo sen consultar ós representantes legais, non deixan de ser unha total provocación.

 

Independentemente de todo o exposto, e ante os moitos asuntos pendentes de seren tratados, reiteramos un novo chamamento ás dúas Consellarías, e en concreto á que vostede representa, para que sexa convocada a Mesa de Seguimento do Acordo da Escala de Axentes Forestais de Galicia antes do día 14 de maio co seguinte orde do día:

 

  • CADRANTES HORARIOS
  • UNIFORMIDADE
  • VEHÍCULOS
  • ARMAMENTO
  • GRUPO C
  • RELACIÓNS DE POSTOS DE TRABALLO E ESPECIALIDADES
  • ESTRUTURA DA ESCALA
  • AUMENTO DE PLANTILLA
  • COMPLEMENTO ESPECÍFICO
  • REGULAMENTO DA ESCALA DE AXENTES MEDIOAMBIENTAIS
  • ESTUDIO DE IDENTIFICACIÓN E AVALIACIÓN DE RISCOS LABORAIS ESPECÍFICOS DE CADA UN DOS TRABALLOS REALIZADOS POLO COLECTIVO

 

No caso de non ter resposta por parte da súa Consellería no prazo indicado, e logo de máis de CATRO (4) meses de espera, verémonos na obriga de adoptar as medidas que creamos oportunas para que o diálogo, as consultas, os debates e os acordos regresen ó ámbito do que nunca deberon ser sacados.

 

A Coruña, 7 de maio de 2007{jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies