Escrito da UXT con respecto ás prazas vacantes para a toma de posesión dos Axentes
 
 

D. José Luis Espiñeira Lage, en nome e representación da Federación Servicios Públicos do sindicato UGT, con enderezo a efectos de notificación no local sindical de UGT no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, situado na Ronda da Muralla, nº 70.

 

Di:

 

Que dende os últimos días do mes de xaneiro ven circulando un borrador das prazas que se pretende ofertar de maneira provisional, ós aspirantes que aprobaron o proceso selectivo ó Corpo Auxiliar Técnico da Xunta de Galicia – Escala de Axentes Forestais.

Que en dito borrador obsérvase unha serie de vacantes de axente zonal e axente territorial (niveis 16 e 18 respectivamente), as cales de acordo o artigo 14º do Decreto 293/1997 do 1 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da escala de Axentes Forestais, só poderán ser cubertas do seguinte xeito:

 

1. Para a provisión con carácter definitivo dos postos de axente zonal ou postos de igual nivel de complemento de destino, esixirase un mínimo de dous anos de servizos efectivos na escala como axente.

2. Para a provisión con carácter definitivo dos postos de axente territorial ou postos de igual nivel de complemento de destino, esixirase un mínimo de catro anos de servizos efectivos na escala como axente zonal ou en postos de igual nivel de complemento de destino ou oito anos de servizo efectivos na escala como axente.

 

Que entre as funcións dos axentes zonais e territoriais reguladas nos artigos 9 e 10 do devandito regulamento atópase a de coordinar, dirixir e inspeccionar as actuacións dos funcionarios da escala, que desempeñen postos de traballo situados na súa zona (axente zonal) ou no ámbito do seu territorio (axente territorial), así como transmitir a aqueles as directrices que emanen dos seus superiores.

 

E, polo exposto:

 

Solicítolle que as prazas de axente zonal e territorial so poidan ser ofertadas a aqueles aspirantes que cumpran as condicións de tempo traballado impostas no artigo 14, xa que de non ser así, persoas sen ningunha experiencia profesional como axentes serán as encargadas de dirixir os traballos e o persoal nos territorios e zonas correspondentes, o que poderá ocasionar disfuncións graves nos traballos a desenvolver, tanto a curto como a longo prazo polo persoal da escala.

 

 

 

Sra. Directora Xeral de Función Pública.{jcomments off}

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies