Escrito de contestación e aclaracións da CSIF

 
Os Delegados Sindicais do CSI-CSIF abaixo asinantes, en contestación ao escrito aparecido na páxina de APRAFOGA estes días, vémonos na obriga moral de rexeitalo en todo o seu contido, e facer as seguintes aclaracións:
 
  • Non querendo perder moito tempo, dado que estamos inmersos nunha desigual e dura negociación coa administración, e tendo claro que nesta batalla o inimigo non son as centrais sindicais, nin por suposto os compañeiros, senón as consellerías implicadas.
  • Estando en total desacordo por non dicir a verdade, nin presentar documentación que acredite o que di, cousa que nos si a temos, posto que en tódalas reunións coa Administración se levanta acta do que alí se fala e de quen o fala. Nos medios de comunicación (roldas de prensa, radio, etc.) estivemos presentes en todo momento como  puidestes comprobar todos, polo que xa podedes xulgar vos mesmos.
  • Sentímonos avergoñados por tal mostra de ruindade, oportunismo, deslealdade e desprezo absoluto polas negociacións, polos compañeiros, polos afiliados e simpatizantes do CSI-CSIF, demostrada por parte dun compañeiro alcumado “aquifolium”, delegado sindical e axente facultativo medioambiental (axente da autoridade e policía xudicial).

  • Con todas estas actitudes non deixa máis que o descuberto a catadura moral desta persoa,  que se  autodefine a si mesma, e da cal os traballadores esperan que dedique o seu tempo e esforzo a traballar, chegar a acordos positivos, e solucionar os problemas do colectivo. Poñendo de manifesto, por si alguén tiña a mínima dúbida, de que a decisión que tomou o CSI-CSIF de abandonar a Plataforma Sindical foi acertada, dado que con este tipo de xente e imposible traballar, falar ou negociar. Hoxe tocounos a nos, pero mañá  con estas ou outras actitudes propias desta persoa,  pode votar o garete e dilapidar calquera negociación formal, educada e seria coa administración. Tamén debemos recordarlle que a Democracia permítenos a liberdade de expresión a todos os españois, pero tamén condena e reproba condutas coma súa, grazas a deus.
  • Este tipo de actuacións non son propias, nin cremos que as aprobe ou avale un Sindicato como CCOO, polo tanto imos pensar que foron feitas por este Delegado Sindical pola súa libre conta e risco. O que si lle pedimos aos dirixentes autonómicos de CCOO, dada a gravidade das acusacións formuladas por o seu delegado sindical, que tomen de maneira urxente medidas contra esa persoa. Medidas, aparte das que o propio sindicato queira tomar, entre as que nos lles solicitamos que o aparten inmediatamente destas e doutras negociacións da escala de axentes forestais e medioambientais. En caso contrario os delegados sindicais de CSI-CSIF, independentemente das medidas legais que vai tomar o gabinete xurídico do noso sindicato contra esta persoa, non apoiaremos , nin nos sentaremos a negociar ou a debater nada con esta persoa. Esixímoslle a este delegado, que no mesmo foro publique unha nota pedindo desculpas públicas a todos os que inxuriou e difamou.
  • Sabendo de antemán que CCOO ten representantes dignos, con educación, dialogantes, e preparados para poder sentarse con eles co obxectivo de acadar o mesmo fin común, que é un acordo razoable e digno para quen deposita a súa confianza en nos. Tamén cremos que CCOO non pode deixar manchar o seu nome e a súa credibilidade por actitudes individuais, propias dunha persoa que perdeu o norte e leva  os seus compañeiros a un precipicio.
Queremos tamén aclarar que o CSI-CSIF, representado polos seus delegados, non vai ser un freo ou unha traba a ningún acordo que sexa consensuado e votado pola maioría dos traballadores en asemblea, propóñao quen o propoña.
 
Dicir que o CSI-CSIF e os seus delegados non asistirán ás manifestacións propostas por CCOO e UXT, pero tampouco lle dicimos os compañeiros, simpatizantes e afiliados que non asistan, cada un ten plena liberdade para decidir ir ou non ir. Pero recordarlle aos promotores das mobilizacións que non se esquezan de notificarllas á Subdelegación do Goberno, nas anteriores non o fixeron, e o CSI-CSIF reprochóullelo cando tivo coñecemento de tal circunstancia, xa que a policía no momento que haxa algún incidente, e sabendo que a manifestación e ilegal, pode facer unha carga contra os compañeiros; e o que sería unha reivindicación pódese converter nunha detención. Si decidides ir, pedídelle aos organizadores que vos mostren a solicitude feita á Subdelegación do Goberno e a súa concesión, antes do seu inicio.
 
Por último, dar as grazas a tódolos compañeiros, membros da asociación, afiliados de CCOO e UXT, por non facerse partícipes, e repudiar esta desafortunada e pouco acertada intervención, deste que di chamarse compañeiro, e que está representando dende un sindicato serio aos traballadores. Lembrarlle ao señor “aquifolium” que unha das regras básicas na negociación é falar no momento preciso, mostrando documentación que probe o que se di, e sobre todo, tendo educación e mantendo as formas e a cordura.
 
 
Grazas e un saúdo.
 
 
PARA MÁIS INFORMACIÓN DIRIXIRSE AOS DELEGADOS DO CSI-CSIF.
 
 
 
Juan Rubèn Pardo Cid.              Roberto González Ortega.             Ramón Díaz Martínez
 
 
 
  CENTRAL SINDICAL INDEPENDIENTE Y DE FUNCIONARIOS (CSI-CSIF) {jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies