Escrito de protesta contra as gratificacións recibidas por directivos e xefes de Servizo e Distrito, entre outros, pola campaña de incendios do ano 2006

 

Dende APRAFOGA, Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia, e diante da publicación nos medios de comunicación da noticia da percepción por parte do persoal técnico e técnico político pertencente a súa Conselleria de gratificacións como consecuencia da maior carga de traballo ocasionada pola vaga de lumes deste verán, queremos manifestar:

 

1º.- Que coñecemos da existencia destas gratificacións a traveso da prensa no mes de decembro deste ano e por ela tamén sabemos que esta práctica ven facéndose dende fai doce anos.

 

2º.- Que o reparto de ditas gratificacións resólvese entre persoal técnico e técnico político indicando que os axentes forestais e persoal laboral de extinción de incendios xa perciben a retribución correspondente a traveso dun convenio aparte.

 

3º.- Que si ben é certo que asinamos un acordo que regula o noso réxime de retribucións, tamén é certo que todo o persoal da escala de axentes Forestais pode percibir gratificacións por servicios extraordinarios tal e como recollen as diversas leis sobre función pública. Temos que ter en conta que parte do persoal que vai percibir gratificacións desenvolve a labor de directores de extinción ó igual co persoal da escala de axentes forestais, o que fai que a mesma labor a uns se lle gratifique e a outros non.

 

4º.- A discriminación chega ó máximo nivel se temos en conta que a uns se lle gratifica con 15.000 euros e a nós dásenos por satisfeitos con 240 euros por mes de dedicación ós incendios tal e como recolle o acordo.

 

5º.- Que o acordo asinado coa administración e que nos regula supón, vistas as prácticas que se están a desenvolver nesa Consellería, claramente discriminatoria dende o punto de vista retributivo, pois a maior nivel de esforzo, como sucedeu este ano, nos non vemos incrementada a nosa retribución pero sí o noso horario: doblando guardias, non disfrutando de descanso, suspendendo vacacións… mentras que outro persoal alonxado do núcleo do lume, prémiase e gratifícase.

 

6º.- Queremos, asimesmo, manifestar o noso máis enérxico rexeitamento por esta práctica ocultista que se ven facendo dende fai 12 anos, dalgún xeito podemos entender hoxe a esixencia por parte do cadro técnico sobre a nosa labor, as presións ás que fomos sometidos, o non disfrute das horas de descanso correspondentes…, tiñan que xustificar cun traballo alleo o labor que logo cobraban eles.

 

Por todo o anterior esperamos desa Consellería saiba compensar a discriminación padecida dende fai tanto tempo e articule os procementos oportunos para regular a nosa retribución de xeito proporcional ó noso esforzo e dedicación amplamente demostrado.{jcomments off}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies