Escrito dos sindicatos da Plataforma (24-01-08)
As organizacións sindicais que constituen a Plataforma Sindical de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia, composta polos sindicatos CC.OO, CSI-CSIF e UGT, consideramos que o diálogo e os procesos de negociación son as mellores maneiras de buscar a regularización das condicións de traballo de calquera colectivo e de resolución das cuestións específicas dos mesmos.
Así é que expoñemos que a actual situación que están a sufrir os colectivos de axentes forestais e medioambientais non é a adecuada á funcionalidade e eficiencia que se deben esixir a tódolos traballadores e xestores públicos e que queda algo peor que en entredito.
Isto é provocado pola caducidade do “Acordo sobre condicións de traballo e carreira profesional da escala de Axentes forestais”, e que chegou a publicarse parcialmente en formato de Orde do 21 de marzo de 2005 no DOG nº. 61 do 31 de marzo do mesmo ano, e que xa foi denunciada na sua caducidade. Esta caducidade provoca a desregularización do sistema de traballo, quendas e compensacións económicas destes colectivos, o que evidentemente non é nin óptimo, nin lóxico e que debe resolverse no menor tempo posible xa que constitúen un dos pilares fundamentais na protección e defensa dos recursos naturais. A estes aspectos súmase a circunstancia de que chegada a época de lumes forestais, onde estes traballadores realizan a imprescindible labor de dirección e control, e sen estar reguladas estas materias podería provocar uns desaxustes, que de seguro que han provocar que a loita contra esta praga non sexa a adecuada por terse xestionado de xeito indebido o factor laboral e a súa regularización.
A maiores cabe sinalar que a última reunión da mesa de seguimento do caducado Acordo, foi mantida o 31 de outubro de 2007, e dende entón non se tiveron novas por parte das súas consellerías das que dependen estes colectivos, e incluso, tristemente, nin sequera un asomo de preocupación por estes importantes aspectos.
SRA. DIRECTORA XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA{jcomments off}
Alejandro Rodríguez Pazos CC.OO
|
Juan Rubén Pardo Cid CSI-CSIF
|
Juan Luis Espiñeira Lage UGT
|