Escrito ó Director xeral de Conservación da Natureza

Sr. D. Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza

Estimado director,

En relación coas xuntanzas que se están a ter nos respectivos Distritos dos Servizos Provinciais de conservación da natureza, para difundir entre os Axentes “forestais e medioambientais” as actuacións a executar no caso de atoparse ou actuar ante unha presunta acción de envelenamento no medio natural. Temos que lembrarlle que APRAFOGA no ano 2007 entregou a esta dirección xeral un borrador de Protocolo de actuación en caso de veleno.

En síntese, facíase fincapé na tipificación de delito (que supón o uso, ou aparición de veleno e cadáveres no medio natural). Insistindo, como non debía ser doutro xeito, na estratexia nacional contra o uso ilegal de cebos envelenados no medio natural, e citando partes do mesmo como a persecución penal e administrativa do delito, subliñamos que:
“es importante recordar que la tipificación del uso de veneno como delito en el Código Penal implica sólo una prevalencia (que no sustitución) de la vía penal frente a la administrativa”.

Daquelas elaborouse un Protocolo de actuación que se nos achegou en tamaño A4 e plastificado; nel, ademais de facer referencia á citada estratexia tampouco prevalecía a vía penal fronte á administrativa, igualiño ó que pretenden agora.

Esta Asociación entende que na intención de “Protocolarizar” unha actuación da Admón. Pública, ésta debe de cumprir as obrigas legais existentes. É máis; ó tratarse da actuación de axentes da autoridade recoñecidos legalmente como “policía xudicial xenérica”,  e ante un delito tipificado no Código Penal, é indispensábel rematar a actuación dando conta dela ó Xulgado correspondente.   

Lembrarlle que pode consultar o citado borrador na páxina Web: Aprafoga.org/Asociación/Actuacións ano 2007/Escrito sobre protocolo de veleno.
Unha aperta,

Miguel García Fernández
Presidente de APRAFOGA

Pontevedra, 12 de xuño de 2012

 

{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies