Escrito ó Secretario Xeral da Consellería de Medio Rural
José Emilio Doforno Guzmán, Coordinador Xeral do Sector da Administración Autonómica de CCOO de Galicia, con enderezo a efectos de comunicación no Edificio Sindical de CCOO, rúa Miguel Ferro Caaveiro, nº 8 – 15703 – San Lázaro – Santiago de Compostela, por medio do presente escrito, e en base ós compromisos adquiridos na reunión mantida cos representantes da Consellería do Medio Rural, o día 27 de novembro de 2009, e na que se deu por constituída a Mesa de Negociación das condicións de traballo do persoal funcionario das escalas de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais,
ACHÉGOLLE:
A proposta de CCOO para a renovación do ACORDO sobre a regulación das condicións de traballo do persoal funcionario pertencente aos grupos C e D das escalas de Axentes Facultativos Medioambientais e de Axentes Forestais”.
En consecuencia, SOLICITO:
Que se teña por presentada esta proposta, de cara á próxima xuntanza a celebrar, co obxecto de continuar co proceso de negociación para a renovación do acordo sobre a regulación das condicións de traballo dos axentes forestais e dos axentes facultativos medioambientais.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2009
J. Emilio Doforno Guzmán
SR. SECRETARIO XERAL
CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL
SANTIAGO DE COMPOSTELA
{xtypo_feed}Sector da Admón. Autonómica de CCOO de Galicia{/xtypo_feed}