Escrito remitido ó Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Estimado Sr. Conselleiro da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
De novo vémonos na obriga de poñernos en contacto con vostede por razón das directrices de organización dos Servizos Provinciais de Conservación da Natureza. Como sen dúbida recordará, cando se procedeu no seu día a dar publicidade ó proxecto de ditas directrices, a Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galiza presentou un escrito no que sinalábamos aspectos mellorables das mesmas, propoñendo unha redacción das funcións máis axustadas á realidade do traballo e á normativa vixente. No escrito tamén sinalábamos os procedementos legais e oportunos para que os Capataces de Establecemento ocuparan con axuste a Dereito as plazas que detentan; así como suliñábamos a ilegal creación dun grupo de persoal laboral sen funcións nin cometido algún ca categoría de Encargado. Igualmente, propúxose que a categoría de Celadores de Segunda/Vixiantes de Recursos Naturais debería exercer as súas funcións baixo a dependencia dos funcionarios competentes da Escala de Axentes Forestais/Medioambientais , reiterando a ilegalidade, o feito de que persoal desta categoría (Persoal Laboral Grupo V) exerza as funcións e competencias que están atribuidas por Lei á Escala de persoal Funcionario Axentes Forestais. Ademáis destas irregularidades, recordáronselle tamén as que afectan aos cidadans e que poderían entrar en conflicto coas previsións da Ley 30/1992, de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Admistrativo Común.
Dende a data de presentación do noso escrito, o día 4 de abril de 2006, pasaron xa máis de once meses, perante os cales mantivéronse diversas reunións con vostede para axustar as Directivas a Dereito e atopar unha regulación máis obxectiva nas competencias do persoal ao seu servizo. Pero, a pesares delo, sentimos moito ter que trasmitirlle que a organización que de facto conseguíuse ca aplicación máis ou menos encuberta desas directrices, dista moito de ser acorde coa que sería desexable con suxección ao marco legal que debería regular a organización e xerarquización do peroal ó seu cargo.
O primeiro indicio de que todo esto é así, é a forma de entrega e difusión destas directrices, seguíndose catro canles distintos para iso. Así, por exemplo, nalgunhas provincias estanse aplicando de xeito verbal, e a pesares de solicitalas por escrito, non se entregaron. Noutras, as directrices repartíronse como un borrador ou proxecto, sin máis detalles nin exixencias. Houbo Distritos nos que se reuniu ó persoal e o responsable provincial leeunas en alta voz xustificándoas como a solución á caótica situación anterior, avalándoas como o resultado de varias reunións mantidas co persoal afectado e incluso cos nosos representantes sindicais, cando, según ditos representantes, estas reunións non tiveron lugar.
Outra proba de que estas directrices non funcionan, ven dada pola contradicción entre o seu contido e a realidade: hai Distritos nos que están vacantes as plazas de Axente Territorial e de Axente Zonal (e sin ninguén que os sustitúa), polo que o esquema xerárquico que establecen ditas directrices non pode ser aplicado. A consecuencia de todo esto é a existencia de persoal laboral que, ó carecer de superior xerárquico conforme á directiva, acaba funcionando “por libre”, sin organización nin control de traballo. Esta mesma ausencia de control, dirección e supervisión do persoal prodúcese naqueles casos nos que o Axente Zonal ou Territorial (ou ambos) estén de vacacións, ou en prestación de servizos extraordinarios, ou simplemente cando os turnos dos mencionados axentes non coincidan. Nestos casos, ante unha situación na que se requira a presencia dos Axentes haberá que esperar ao seguinte turno para que o Axente Zonal ou Territorial se persoen para solucionalo problema. Mermándose de maneira notable, a operatividade dun servizo que a Administración debe prestar aos cidadans.
Por outra parte, para profundizar máis na confusión de cara ao administrado, equípase ó persoal laboral Celadores de 2ª / Vixiantes de Recursos Naturais con roupa de traballo de forma e cor similar ao dos Axentes Forestais, con vehículos rotulados propios da Escala de Axentes Forestais. Tamén se lles traspasa funcións propias da nosa escala en materia de información e asesoramento da cidadanía, ao persoal laboral de vixiancia e mantemento, dándolle á súa vez aos axentes forestais competencias para o mantemento da sinalización dos coutos e vedados fluviais, na máis difícil cabriola de enxeñería xurídica imaxinable, resultado do descoñocemento absoluto da nosa realidade profesional ou consecuencia de mala fe, e o que é mais grave, comunícaselle ó administrado na incoación do expediente que foi denunciado polos Axentes Forestais (cando en realidade foi un Celador de 2ª) salvagardando de maneira ilegal os requisitos establecidos nos artigos 62 e 63 da Lei 30/1992.
En síntese, entendemos que as directrices ás que nos referimos, non son operativas nin resolverán os problemas organizativos da Consellería. Problemas de organización que, como xa dixemos en escritos anteriores, derivan principalmente da creación de corpos de persoal laboral que, de maneira irregular pero co consentimento desa Consellería, foron asumindo funcións propias dos Axentes Forestais en detrimento destos, e en ausencia dun claro marco legal que concrete as atribucións propias de cada un dos corpos, escalas e grupos que desempeñen os seus servizos para esta Consellería.
Esta situación foi denunciada fai anos por esta Asociación, sin que de nada serviran as nosas queixas, por máis que o tempo nos dera a razón dunha maneira contundente e implacable. É imprescindible, e hoxe máis apremiante que nunca, que se regulen as funcións, cometidos, facultades, e limitacións de todos estos corpos, escalas e grupos a traveso dunha norma con rango de lei, que poña fín dunha vez por todas á caótica situación que se está vivindo. Non se nos esquece que vostede mesmo debe ser claramente consciente deste problema, como o demostra, que nas Directrices de que falamos pretendérase xustificar os cometidos e competencias dos Celadores de 2ª/Vixiantes de Recursos Naturais acudindo ao IV Convenio colectivo único, cando é dunha claridade meridiana que un convenio colectivo non pode atribuir competencias: o convenio único non fai máis que regular o marco de prestación de traballo entre a Administración empleadora e o persoal laboral, pero baixo ningún suposto pode servir para articular a regulamentación do exercizo das competencias propias da Consellería, ou para distribuir éstas non xa entre o persoal laboral, senon incluso entre éste e o persoal funcionario. E se a esto lle engadimos o máis que evidente conflicto entre o Conve
nio Colectivo e unha norma de rango superior como é a Lei 12/92, pola que se crea, entre outras, a Escala de Axentes Forestais e as súas funcións.
Por tódolo exposto reiteramos, unha vez máis, a imperiosa necesidade de establecer o predominio do sentido común, estructurando as funcións e competencias de todo o persoal que presta os seus servizos nesa Consellería, mediante unha disposición con rango de lei.
Nembargantes, somos conscientes de que mentras tanto, sería precisa a existencia dunha regulamentación con carácter provisional. Obviamente non nos opoñemos á mesma. Pero sí opoñémonos a que dita regulamentación sexan as famosas directivas ás que xa aludimos anteriormente, posto que estas directivas están en total conflicto co que debe ser a regulamentación efectiva das funcións e competencias do persoal de Medio Ambiente, especialmente na medida en que non deixan ben clara a necesaria subordinación á Escala de Axentes Forestais do persoal laboral como son os Celadores de 2ª/Vixiantes de Recursos Naturais. E basta como mostra acudir á redacción do 3º páragrafo do apartado B das mesmas (Servizo de Medio Ambiente Natural) donde explica que, en relación con dito persoal laboral: “A citada vixiancia en ámbitos territoriais concretos complementa a tutela que ten encomendada, en canto á conservación da natureza en todo o territorio autonómico, a Escala de Axentes Forestais”. Redacción máis que discutible na interpretación do termo “complementar”, que deberá sustituirse por “auxiliar” ou “colaborar”, para evitar que poida pretenderse “sustituir” (como parece que se pretende) a quen ten a tutela e que non é de maneira illada o Axente Territorial ou Axente Zonal, sinon a Escala de Axentes Forestais.
Por tódolo o exposto, dende esta Asociación Profesional, en defensa non dos intereses profesionais dos nosos asociados, senón da legalidade, da operatividade dun servizo que a sociedade demanda e precisa, e da efectiva salvagarda da riqueza e patrimonio natural de Galiza, vémonos obrigados a exixirlle a retirada formal e inmediata das Directrices actuáis e a súa sustitución, en tanto non se articule unha disposición con rango de lei ó efecto, por un protocolo similar de organización no que se respeten as funcións e competencias atribuidas aos Axentes Forestais no marco legal vixente.
Da mesma forma, e ante a gravidade inherente a tódolo exposto, vémonos na obriga de comunicarlle que para o caso de que se desoiga esta solicitude, non dubidaremos en exercitar as accións legais pertinentes que procedan segundo nos informan os nosos servizos xurídicos, ademáis de darlle publicidade a esta situación mediante a difusión, ós distintos medios de comunicación, dos feitos e circunstancias que motivan esta solicitude.
O Presidente de APRAFOGA