Escrito sindical conxunto
As organizacións sindicais que encabezan este escrito, con direccións a efectos de notificación nos locais sindicais de San Caetano e despois de analizar a situación pola que está pasando o corpo de Axentes Forestais e Facultativos Medioambientáis, decidimos DENUNCIAR:
- A falta de compromiso e de diálogo por parte dos actuáis dirixentes da Consellería do Medio Rural e do Mar.
- A inexistencia dun regulamento propio para a escala de Axentes Facultativos Medioambientais, xa que na actualidade se lle está a aplicar de xeito subsidiario e provisional o regulamento existente para a escala de Axentes Forestais (Decreto 293/1997, do 1 de outubro). Polo que na práctica existen dúas escalas (unha con regulamento de funcións e outra non) facendo as mismas funcións e cobrando soldos diferentes (xa que non se dá convocado o proceso de integración para o o paso ó Grupo C1 de todo o persoal).
- A aplicación do regulamento de xeito irregular. O artigo 19 do Regulamento da escala de Axentes Forestais dispón a obriga do persoal á prestación dos servizos necesarios até o cesamento dunha situación de emerxencia. Sin embargo a principios do mes de outubro do ano 2011 e fóra xa do decretado como período de máximo risco, comenzou unha vaga de lumes. Esto implicou que, en especial o persoal da provincia de Ourense, provincia ésta especialmente afectada, os axentes forestais e medioambientais prolongasen a súa xornada de xeito extraordinario. O día 17 de outubro de 2011, a Consellería activou de novo o período de gardas de 12 horas continuas e pese a que xa se lle tiña solicitada unha xuntanza desde o mes de setembro, xa que se prevía a necesidade dunha prolongación do período extraordinario dadas as condicións de seca, non houbo negociación previa coas organizacións sindicais. Estas xornadas estaban todas fóra do regulado no ámbito do Acordo do ano 2004 e despois das demandas dos traballadores a Consellería por fin voltou a convocar a Comisión de Seguemento do Acordo do ano 2004 (convocatoria anterior en novembro do 2009). Nesa Comisión se nos explicou ás OO. SS. que non se sabía cómo se pagarían esas gardas e a día de hoxe ainda non nos deron esa información.
- No artigo 2 do regulamento, descríbense as funcións que lle corresponden ao persoal da escala, especificamente no seu punto d) a “vixilancia e prevención de incendios forestais, participando nas tarefas de extinción, coordinando e dirixindo o persoal e medios ó seu cargo. Asímesmo será o responsable de velar pola seguridade e saúde dos medios que ten ó seu cargo en cada lume que estea nomeado como director de extinción, o que supón practicamente o 100 % dos lumes que se producen en Galiza.
- Asignación do persoal de conservación a incendios. Dende a sinatura do Acordo (ano 2004) estase a realizar unha asignación periódica na época de Perigo Alto de Incendios de axentes que fan funcións de conservación da natureza á realización de tarefas na extinción de incendios (dirección de extinción) integrándose completamente no plan de prevención e extinción de incendios (PLADIGA).
No caso da provincia de Ourense os axentes de conservación durante a época de perigo alto pasan a realizar únicamente tarefas relacionadas coa extinción e dirección de incendios forestais.
- A falta de exclusividade por parte dos axentes que forman as BIIF (Brigadas de Investigación de Incendios Forestais) por falta de persoal, as cales en moitos distritos os axentes están facendo xestión de montes tarefas administrativas, e cando teñen un rato libre a investigación do 100 % dos lumes que se producen no seu distrito, ben sexa o modelo corto ou o modelo largo de investigación.
- Falta de previsión e falta de interese por parte da Consellería para a cobertura das vacantes dos axentes forestais e ambientais, no caso da provincia de Ourense: concretamente no distrito de XIV Verín-Viana faltan 6 vacantes sen cubrir, nun lugar donde se produce a maior carga de traballo en lumes e donde se produxo o lume de Castrelo de Val onde faleceu o brigadista forestal Higinio Vivas López.
Posto como se demostrou neste escrito os axentes forestais/ambientais somos moi necesarios e ante unha época de perigo alto, que con circustancias climatolóxicas poden ser moi adversas como vimos sufrindo.
EXISIMOS:
A cobertura do 100 % das vacantes, baixas por incapacidade temporal, vacacións, permisos de maternidade/paternidade, suspensións por risco no embarazo, así como a resolución e concesión das comisións de servizo solicitadas e a publicación de novas comisións de servizo.
As organizacións sindicais instamos á Consellería do Medio Rural e do Mar para que solicite á Dirección Xeral de Función Pública que se cubran todas as baixas e vacantes coa maior brevidade.
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012
Asdo: Fernando García Fernández
Secretario Nacional CIG Autonómica
Asdo: Emilio Doforno Guzmán
Coordinador do Sector da Administración
Autonómica da FSC de CCOO de Galicia
Asdo: José Vázquez González
Secretario Nacional do Sector
de Autonómica da Fsp-UGT
Consellería do Medio Rural e do Mar
San Caetano s/n
Santiago de Compostela
{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}
{xtypo_feed}Solicitude de xuntanza coa Conselleira do Medio Rural e do Mar{/xtypo_feed}
{xtypo_feed}Solicitude de xuntanza co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas{/xtypo_feed}
{xtypo_feed}Solicitude de xuntanza co Director Xeral de Función Pública{/xtypo_feed}