Escrito sobre a nova figura de “traballadores ambientais”

 
 

APRAFOGA vese de novo na obriga de trasmitirlle ó traveso do presente escrito, a sensación de descontrol que a súa Consellería patrocina dando a coñecer á opinión pública a creación dunha nova figura de traballadores ambientais para a realización dunhas tarefas, que dende a creación da Comunidade Autónoma ven desempeñando na súa maioria a Escala de Axentes Forestais e nas restantes, tanto o persoal laboral existente como en ocasións puntuais empresas contratadas. Quizais por estos motivos, dende entón ata hoxe, fóronse reorganizando as RPT`s para axustalas mellor ás esixencias de atención que require de modo xeral o coidado do Medio Natural.

 

Como moi ben saberá, nos últimos quince anos a legislación protectora do Medio Ambiente nas competencias da súa Consellería deu un xiro importante a necesidade de máis persoal; igualmente os requisitos desta e doutras lexislacións esixen unha maior preparación, especialización e profesionalización de todos, independentemente da clase de persoal de que se trate, tanto no desempeño de servizos profesionais como en prestación de servizos.

 

Por conseguinte, de non tratarse dun erro tipográfico a información recibida, esta Asociación Profesional cree oportuno puntualizarlles algúns aspectos da presunta proposta de creación da figura de traballadores ambientais.

 

No marco do Convenio Colectivo Único de Persoal Laboral ó Servizo da Xunta de Galicia, preténdese crear unha categoría laboral denominada “Oficial de Traballos Ambientais”, á que se lle pretende atribuir, por vía de definición do contido funcional da categoría, unha serie de funcións ou competencias que son propias da Escala de Axentes Forestais; e outras, tarefas ou traballos que son responsabilidade do persoal laboral (Celadores de 2ª – Vixiantes de Recursos Naturais). Para esto xustifícase a creación de Oficial de Traballos Ambientais como: “Persoal encargado de executar actividades para cuxa realización se require, ademáis de esforzo físico, coñecementos teórico-prácticos especializados, responsabilizándose no ámbito do seu cargo de cumplimentar as directrices dos servizos medioambientais. Sen perxuizo de exercer aquelas outras análogas que se lle encomenden, exercerán as seguintes funcións:

 

  • Mostraxes de pesca eléctrica.
  • Mostraxes de compoñentes de biodiversidade.
  • Tarefas relacionadas coas repoboacións piscícolas.
  • Recollida de fauna ferida e traslado ós centros de recuperación.
  • Recollida de aves mortas ou outro tipo de fauna, conforme ós protocolos establecidos.
  • Solta de exemplares de fauna recuperados.
  • Instalación de sinais de caza, pesca e espazos protexidos ou doutro tipo de infraestructuras e mobiliario relacionados co medio natural.
  • Execución de tarefas de reintroducción, sementeira, plantación e de traballos silvícolas que leve a cabo a Consellería responsable do medio ambiente.

Por outra banda, a redacción da categoría deste persoal sinala que: “responsabilizarase no ámbito do seu cargo de cumplimentar as directrices dos servizos medioambientais”.

 

Da cumplimentación das citadas “Directrices” esta Asociación presentou varios escritos, entre outros aspectos, puntualizábase o descuberto de xerarquía provocado pola dependencia directa dos celadores de 2ª- Vixiantes de Recursos Naturais, do Axente Territorial ou Zonal, pasando polo alto a categoría de Axente da Escala de Axentes Forestais. Agora máis que nunca, parece ser, que as insistentes directrices de organización dos servizos medioambientais están incompletas.

 

Nembargantes, esta Asociación Profesional non cree que a creación da categoría de Oficial de Traballos Ambientais sexa por necesidades de cumplimentar a suposta ausencia de xerarquía das Directrices existentes; de feito, sería a forma máis adecuada de tirar pola borda a pouca credibilidade que emana da redacción dos seus apartados de funcións e competencias ó incorporar unha nova categoría coas funcións que a día de hoxe desempeña o persoal existente. De ser así habera unha triplicidade de persoal para a cobertura dunhas mesmas necesidades, o que resulta tan antieconómico como contrario a Dereito ó violar ta
nto o principio de eficacia como o criterio de eficiencia, que deben rexir as actuacións das administracións públicas de conformidade co establecido no artigo 3.1 e 2 da Ley 30/1992, de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común. E iso sin pararnos a pensar que podemos estar ante un fraude de lei, si o ánimo que subxace a proposta é o evitar a creación de novas prazas de Axentes Forestais e a “sustitución” déstas por un persoal laboral con retribución inferior á dos Axente Forestais e, polo tanto, co conseguinte “aforro” de costes para a Administración. Obvia decir que, de ser ese o caso, esta Asociación Profesional exercitará as accións legais pertinentes, inclusive no orde penal, para a defensa da legalidade.

 

Polo contrario, intuimos que se trate dunha reorganización e reconversión do Persoal Laboral Grupo V (Celadores de 2ª – Vixiantes de Recursos Naturais), en Persoal Laboral Grupo IV (Oficial de Traballos Ambientais); coa urxente necesidade de definir ó persoal desta categoría cos requisitos específicos e as función que exerceran. Porque, ninguén mellor que vostedes saben que a organización actual imposta polas Directrices, non só non funciona, sinon que está a causar importantes discrepancias entre o Persoal Laboral e Funcionario pola usurpación de funcións, todo esto en detrimento do traballo e perda de saúde laboral de tódolos afectados, coas consecuencias que elo supón para unha óptima atención ás necesidades do Medio Natural.

 

De ser así, APRAFOGA non está en contra das melloras laborais e ecónomicas que outros colectivos pretenden; é máis, defendemos a iniciativa, pero sempre enmarcada no contido do Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galicia e demáis legislación pública vixente, cunha redacción de funcións a exercer que non usurpen as propias da Escala de Axentes Forestais, enumeradas e definidas no seu Regulamento 293/1997, amparadas pola Lei de Función pública 4/1988 e as súas modificacións, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, (citada anteriormente) e a Ley 7/2007, del 12 de abril, del Estatuto Básico del Empleado Público, donde no Título II (art. 8, 9 e 11) diferenciarase detalladamente as clases de persoal ó servizo das Administración públicas e o porqué de cada cal.

 

En consecuencia, a creación desa nova figura de “Oficial de Traballos Ambientais” dentro do Grupo IV do Persoal Laboral excercendo entre as funcións que enumeramos ó principio, as seguintes:

 

  • Mostraxes de pesca eléctrica.
  • Tarefas relacionadas coas repoboacións piscícolas.
  • Instalación de sinais de caza, pesca e espazos protexidos ou doutro tipo de infraestructuras e mobiliario relacionadas co medio natural.
  • Labores de mantemento e conservación do patrimonio natural.
  • Execución de tarefas de…, plantación e traballos silvícolas que leve a cabo a Consellería responsable do medio ambiente.

Abarcaría tamen ó Persoal Laboral Grupo V con categoría de Peón, que traballan desempeñando estas funcións en Centros de Recuperación, Granxas Cinexéticas, Piscifactorías ou Estacións de Captura (indistintamente do recoñocemento ou non da especialización), cando dende a súa existencia veñen desenvolvendo traballos que requiren coñecementos teórico-prácticos especializados, ademáis dunha certa destreza e sobre todo voluntariedade.

 

Por iso, sería necesario articular os requisitos legais para dotar ó Persoal Grupo V que non conte ca titulación esixida, da certificación equivalente.

 

Concluindo, a Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia “APRAFOGA”, considera convinte que se leven a cabo as reunións necesarias cos representantes sindicais dos colectivos afectados, para determinar con claridade as funcións da nova categoría e da dependencia xerárquica, ou non, da Escala de Axentes Forestais. Así como, unha nova redacción das Directrices de organización dos Servizos Provinciais de Conservación dentro do marco legal, e esta vez, de conformidade cos representantes do persoal.

 

Comunicarlle que estamos á súa disposición para aclaracións deste e outros cometidos xa presentados.

 

Atentamente.

 

 

Pontevedra, 23 de outubro de 2007.
O presidente de Aprafoga

 

 

 

Miguel García Fdez.{jcomments off}

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies